España, apesar de estar situada no extremo da Europa ocidental tem horário de Europa central. Isto é assim desde que em 1940 ao regímen de Franco se lhe ocorreu somar umha hora para assim ter o mesmo horário da Italia fascista e da Deutschland nazi, no canto de países mais achegados como England, Portugal ou al-Maghrib. Também fala do desfase de três horas que se da na Galiza polo verão e das reclamaçons políticas reivindicando a hora galega. | Via:
meneame.net/story/espana-tiene-horario-no-corresponde-situacion-geograa
comentarios
Nom há quem entenda a estes espanhóis... meneame.net/story/bng-reclama-aplicar-huso-horario-gallego-retrasandoll
Mentres nos ponham o horário que nos corresponde, tanto me tem que no resto de Espanha o tenham ou nom...
No momento no que cambiou España de hora acabaran tamén de facelo (e creo que por este orde) Holanda, Bélxica, Luxenburgo, e Francia... (curiosamente segundo foran conquistadas polas tropas alemanas, supoño que polo de ein bolk, ein fürer, ein reich e ein fusenhorarienº)

º por se non se nota isto foi invención miña... que os cursos de alemán no Gomes Gaioso cádranme a desora
#3 "Ein Volk"
#4 se xa dicia eu que preciso aprender aleman...
upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/3/3d/Timezones_optimized.png
Vendo isto se cadra a hora que deveríamos implantar é a GTM -1 pois o lindeiro (entre o GTM -1 e o GTM) semella pasar polos Ancares.
Outra cousa... poderíamos propor un irmanamento coa illa de Jan Mayen. O unico lugar do mundo (que teña atopado) que ten o reloxo tan pasado de voltas respecto ó sol coma nos
#5 Galiza, Jan Mayen... dous povos, umha luita!!