Entrevista a Julio Anguita no xornal español "El Mundo"

"Hai que iniciar un proceso que conduza á Terceira República", "Son partidario do dereito de autodeterminación. É absurdo ó medo ó referendo", "O rei sabía o que se estaba a cocer (no golpe de estado do 23-F)", "O estatuto catalán é unha gran chapuza. O erro foi modificar estatutos sen modificar a Constitución co cal chegamos a unha especie de monstro de Frankenstein", "prometería a Constitución coa fórmula do imperativo legal, síntome desvencellado dela"...
10 comentariosen política
tags: anguita, entrevista, república
votos de usuarios: 16, votos anónimos: 2

comentarios

  1. #1   

    O certo é que, aínda considerándome máis ben liberal en materia económica, e polo tanto moi lonxe das teses que (imaxino) él defende, creo que coincidiría en máis dunha cuestión con este señor...

    votos: 1, karma: 15
    escrito por cascallos hai 82 dias 14 horas 30 minutoscascallos
  2. #2   

    "hay que concluir que lo de acabar con ETA es una cuestión de policías y jueces. Dialogar con ellos no sirve de nada."

    Unha persoa minimamente sensible aos dereitos do pobo basco non pode facer unha lectura tan simple do conflito de ETA.

    votos: 2, karma: 9
    escrito por popembora hai 82 dias 13 horas 55 minutospopembora
  3. #3   

    #2 unha cousa son os dereitos do pobo basco e outra é a ETA.

    O pobo basco debe acceder algún día ó seu dereito a un referendo no que decida o seu futuro. Na miña opinión, isto debería chegard despois dunha reforma da constitución na que se estableza o dereito de autodeterminación.

    E dicir, non cun referendo de dubidosa legalidade, senón reformando a constitución española para legalizar ese e outros (galego, catalán) posibles referendos.

    Pero é que ETA non pinta nada nesta cuestión. ETA é una banda de delincuentes, que extorsionan, poñen bombas e matan a xente. ¿Que carallo teñen que ver uns asasinos cos dereitos do pobo basco? Na miña opinión, só pretender relacionar as dúas cuestións é unha ofensa para todos os bascos, sexan abertzales ou non.

    votos: 1, karma: 26
    escrito por cascallos hai 82 dias 13 horas 44 minutoscascallos
  4. #4   

    Para a policía e os xuíces "ETA e o seu entorno" é un concepto vago (abrangue desde xornais ata grupos de música) que se persegue sen máis. É o Estado de dereito o que liga a loita política e a loita armada

    votos: 2, karma: 46
    escrito por popembora hai 82 dias 13 horas 29 minutospopembora
  5. #5   

    mais, se é unha nova que sunponho aparesce en ElMundo, porque a ligazón vai para o blog dún spammer?

    Ninguén mirou este senhor en ArroutadaNoticias?

    votos: 1, karma: 29
    escrito por xel hai 82 dias 13 horas 24 minutosxel
  6. #6   

    Non xustifico todas as actuacións dos xuíces, e creo que o propio Anguita tampouco o fai. Nin apoio as ilegalizacións de formacións políticas.

    É máis, apoiei a negociación coa banda.

    Pero tamén creo que só a propia banda ten a culpa da ruptura das negociacións, non o goberno. E tamén creo que para subsistir ETA ten que ter apoios, ten que ter un entorno.

    ¿Ata ónde hai que chegar na persecución dese entorno? Pois evidentemente iso é algo que eu non me atrevo a xulgar, dende logo ilegalizar partidos é un paso perigosísimo para a propia democracia, pero, sen chegar a ilegalización, si creo que membros de partidos políticos pertencían ó entorno da ETA e lle daban apoios en moitos casos moi importantes.

    Lóxicamente, se non se ilegaliza ó PP por un alcalde corrupto, tampouco se pode ilegalizar a Batasuna por un terrorista infiltrado. Pero si se debe vixiar con moito ollo ó entorno etarra.

    votos: 0, karma: 8
    escrito por cascallos hai 82 dias 13 horas 20 minutoscascallos
  7. #7   

    #5 sobre iso, só comentar que El Mundo só ofrece a entrevista íntegra na súa edición en papel, na edición online só hai extractos da mesma, e alguén en Menéame ligou ese blog no cal transcribiron a entrevista completa, polo cal considerei oportuno enviar esa ligazón e non outra.

    Un saúdo

    votos: 1, karma: 22
    escrito por cascallos hai 82 dias 11 horas 37 minutoscascallos
  8. #8   

    #5 Mellor evitar ligazóns directas a determidados sitios: que non sexa desde aquí onde lles fagamos subir os "indices de audiencia"

    votos: 2, karma: 36
    escrito por orzan hai 82 dias 11 horas 17 minutosorzan
  9. #9   

    Con Anguita IU tivo moi bos resultados, e tivo que aturar (por iso e polo que pensa) unha campaña mediática na súa contra que acabou (políticamente) con el.
    E que conste que non estou de acordo con todo o que di. Si con algunhas cousas.

    votos: 1, karma: 17
    escrito por orzan hai 82 dias 11 horas 14 minutosorzan
  10. #10   

    Polo que lin na entrevista de Anguita di iso de "hay que concluir que lo de acabar con ETA es una cuestión de policías y jueces. Dialogar con ellos no sirve de nada" logo de sinalar que houbo varios procesos de paz fallidos. Deume a sensación que, coma tanta xente, Anguita estaba canso de tantas desilusións e de treguas rachadas pola ETA.

    votos: 0, karma: 7
    escrito por pitanxo hai 82 dias 7 horas 5 minutospitanxo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]