www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=87&idNoticia=80207
enviado por zerovacas hai 855 dias 2 horas 23 minutos, publicado hai 854 dias 21 horas 59 minutos
O betanceiro Juan Varela, analista de medios e autor do popular blog Periodistas21, fai un repaso polo presente e futuro (negro) dos medios tradicionais, e polo estado actual da blogosfera. Tamén do blogomillo, no que continúa advertindo unha certa endogamia.
comentarios
¿Que opina da actividade dos blogueiros galegos?

A blogosfera galega é moi distinta á doutras de España, é unha blogosfera moi endogámica, non só por cuestión da lingua, senón por cuestións de como se pensa ou en que se pensa. Tamén é moi literaria e arrastra a cultura literaria galega en xeral á rede. Algunhas cousas teñen moito valor e conséguense cousas interesantes no terreo da cultura, da identidade, etc. Pero outras veces dáme a impresión de que é demasiado endogámica e demasiado encerrada consigo mesma. O que lle aprezo é que é menos política e sectaria ca outras blogosferas, como a catalá.
Endogamia nos??? moi equivocado esta este senhor de Betanzos que trabalha en Espanha. A Blogosesfera galega esta moi ligada a portuguesa e brasileira...
Prefiro ser endogamico que ser espanhol
Ver o comentario que deixou o propio Juan Varela no blog de Brétemas: bretemas.blogspot.com/2006/09/entrevista-con-juan-varela.html
Cada un traballa onde pode, pode se ser moi galegoo en Madrid e moi pouco galego en Viveiro. E é bastante certo o da endogamia, non do ponto de vista lingüístico mas dos contidos. Lese moito de política, de cultura, de literatura e de viaxes pero hai poucas análises certeiras desde o ponto de vista da tecnoloxía, da ciencia, da economía... Pareceume unha crítica construcutiva e sensata.
En Madrid tamén se é galego. Máis perdido, pero galego. Eu, para que non me chamen endogámico emparelléi cunha nada na Mancha e a mixtura saíu moi positiva xenéticamente cun fillo de nome galego nado en Madrid, san, forte, alto e xa intentaréi que sexa tan endogámico coma mín. Eso sí, non será tan galego... pero simpatizante.
#3: en viveiro haiche moi pouco galego si, e lugueses case ningun... somos máis ferrolanos que outra cousa