www.vieiros.com/nova/68060/o-0-3-da-luz-do-sahara-poderia-abastecer-de...
enviado por orzan hai 26 dias 19 horas 14 minutos, publicado hai 25 dias 22 horas 49 minutos
Mentres se fala da volta das nucleares, vemos que se pode pensar en enerxías limpas e seguras. Disque pode ser caro en principio... Máis canto custou e custa, por exemplo, manter a infraestructura (Reganosa incluída) para traer o gas desde localizacións aínda máis lonxanas.
comentarios
Ala veña, a tolear todo cristo, con isto e uns muiños no Himlaia eletricidade para todo cristo. O que custa Reganosa ó caron de semellante animala sería calderilla, xa non me meto a falar de que os paneis con medio metro de area por riba ían xerar electricidade a mansalva... ou alguén esqueceuse das tormentas de area?¿
Pois ben, sigamos a expoliar recursos naturais ata que non quede ningún, enchamos o planeta de residuos (radioactivos e demáis). A ver canto dura a cousa. Con sorte a nós nos nos pasa nada, por unha xeración ben podemos exportar o lixo que producimos ao terceiro ou cuarto mundo, e cando xa non se poida agachar... que achanten os que veñan detrás.
Ah, as tormentas de area deben ser unha complicación, si, máis ou menos como os temporais en alta mar que teñen que aturar as plataformas petrolíferas.
E a alguén se lle ocorrerá pedir permiso á RASD e demáis países cun trozo de deserto ou pensan chantalo alí directamente e seguir explotando os recursos de África sen máis.
Nova con unha proposta a nível mundial:
eco.microsiervos.com/energia/superficie-tierra-energia-solar.html
#3 Esperemos que si, aínda que xa ves o que nos pasa aquí cos nosos recursos hidráulicos
En fin, lóxicamente os paises onde se intalasen (se se fixera realidade, que hai moitos intereses económicos en contra) deberían beneficiarese. En calquera caso esto sería bastante mellor que mandarlle os nosos residuos, desfacer os seus bosques, etc.
Somos um caso, sempre atopamos o modo de viver dos demais. O bom vai ser quando nos expliquem que hai que ter tropas a defender os paineis e as linhas de alta tensom porque som estratégicas para nós, ainda que a gente que viva no Magreb nom tire benefício nengum da geraçom de energia solar.
#6 Tal é como agora pasa co petroleo e co gas. Gobernantes antes considerados terribles dictadores (Gadafi), agora son considerados estadistas amigos por deixar pasar polo seu territorio a distribución de enerxía. E se non "colaboran" pois pasa coma en Irak.
Realmente o mellor sería potenciar iniciativas coma a de poñer paneis en todos os edificios e cousas semellantes. Reducir o trasporte de enerxía.
Pero insisto, mellor potenciar a enerxía solar que seguir co que temos agora.