Encarceran en Albacete, España, un pastor por meter o seu rabaño nun campo de manobras militares

 
Alfonso Contreras García, pastor de Hoya Gonzalo (Albacete) de 58 anos, ingresou na prisión da Torrecica (Albacete) por orde xudicial por introducir o seu rabaño de ovellas no campo de manobras de Chinchilla de Montearagón (Albacete) de forma reiterada e desatendendo as instrucións do xuíz. Este gandeiro cumpre así unha sentenza ditada no 2006, que o condenaba a cumprir un ano de prisión por desobediencia ao xuíz, xa que nunha sentenza anterior prohibíraselle levar as súas ovellas ao campo de tiro.
9 comentariosen españa
tags: pastor, albacete, campo de tiro, exército, españa karma: 211.17
votos de usuarios: 28, votos anónimos: 9

comentarios

  1. #1   

    Ah, penso que La Voz se esqueceu de dicer que todo isto sucedeu en Albacete... :-D

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 74 dias 20 horas 25 minutosGalegoman
  2. #2   

    Encarceram um pastor, nom "a um pastor"

    votos: 0, karma: 18
    escrito por Fer hai 74 dias 20 horas 24 minutosFer
  3. #3   

    #2 Machiño... a de onte foi moi gorda... faime o favor de editala ti, anda, faite boiño ;) :-)

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 74 dias 20 horas 20 minutosGalegoman
  4. #4   

    E que levaba? ovellas? cabras?

    votos: 0, karma: 17
    escrito por ifrit hai 74 dias 19 horas 51 minutosifrit
  5. #5   

    RAG/ILG :-P

    votos: 0, karma: 7
    escrito por hpimu hai 74 dias 17 horas 32 minutoshpimu
  6. #6   

    Para ser a segunda vez que lle pasa, o delito é do sobriño por non mirarlle as cartas...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por Matachin hai 74 dias 2 horas 31 minutosMatachin
  7. #7   

    rEbaño, plis.

    votos: 0, karma: 7
    escrito por Amorodo hai 73 dias 1 hora 3 minutosAmorodo
  8. #8   

    Militares.... :-(

    votos: 0, karma: 7
    escrito por Amorodo hai 73 dias 1 hora 2 minutosAmorodo
  9. #9   

    #7 No Xerais "rabaño" (prob. lat. rama 'póla'), no e-Estraviz "rebanho"

    votos: 0, karma: 15
    escrito por ifrit hai 72 dias 22 horas 50 minutosifrit

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]