El País Galicia dedícalle unha reportaxe (
tinyurl.com/yune2n) hoxe a Oumar Fall (agora Haidara) un vello coñecido en chuza e creador do
multiplicador mecánico autónomo, unha máquina que desafía as leis da física e que por suposto é
un fraude. Recoméndase a lectura da historia orixinal (
chuza.org/historia/empresa-de-carballo-financia-i-d/), a análise en O demo me leve (
tinyurl.com/2ddb6g) e o artigo en Microsiervos (
tinyurl.com/243vvm). Que as leis da física sigan sen estropear un pintoresco reportaxe.
comentarios
... e o novo análise tamén en O demo me leve:
odemo.blogaliza.org/2007/12/25/bom-nadal-com-oumar-fall-e-o-seu-fraude/
O xornalista que firma o de El País Galicia, José Luis Estévez, non sabe moito de ciencia. Pero como case todos os xornalistas: non lles pagan por iso, senón por levar historias á redacción. Ao mellor a historia aquí está na insistencia de Haidara, o home que antes era coñecido como Oumar, e o seu intento de facerse rico e famoso, algo totalmente respectable. O que digo eu: coa sección importante de Ciencia do País, non se poderían coordinar para evitar estas fraudes?
Eu estiven na presentación de se aparato en Santiago e flipei! Hai que ser parvo para non decatarse ao momento de que se trata dun fraude! Eu non teño nin idea de física (non a estudio dende 3º da ESO ou así) e dimne conta enseguida de que non podía ser real. Un avance tan revolucinario ía ser presentado así dese xeito tan cutre con dúas azafatas tontas no Pazo de Congresos de Santiago e sen que nunca se falara diso, sen ningunha referencia dunha publicación científica, sen representantes doutras universidades ou algo? Lamentable!
Eu o que fixen foi escribir o teletipo (daquela facía prácticas en AGN dicindo todo o rato "segundo di fulanito" e "Un tipo di que..."
Son o único que non o entende??? Porque por min podería ser verdade porque non pillo o fallo (saquei un 2 en física este trimestre, ó mellor é por eso
)
Lidos os comentários que hai nas anteriores novas sobre o tema para non repetir, xa podo dicir:
E o Newton ese vai saber de conservación de enerxia máis que un enxeñeiro de... de... do que sexa??
Berto, faltouche esta:
chuza.org/historia/fraudator-multiplier-apresentada-possivel-fraude-ci/