www.elpais.com/static/misc/portada20091122.pdf
enviado por macmillan hai 80 dias 6 horas 49 minutos, publicado hai 79 dias 19 horas 49 minutos
O termo “nación” cairá do Preámbulo do 'Estatut de Catalunya'. Ésta é a opinión maioritaria dos maxistrados do Tribunal Constitucional. Nas últimas reunións, os xuices nen debateron sobre este enunciado, que se da por eliminado salvo que medie "un excepcional cambio de última hora". Outros puntos que caen do texto son as alusións identitarias e o "dereito e deber" de conhecer o catalán, que estaría así ao mesmo nivel de oficialidade que o castelán.
comentarios
Primeiro paso cara a independência de Catalunya.
Fascistas travestidos de juizes.
Unha minoría 'ilustrada' non pode ir en contra da vontade dun pobo. Agardo que o Gobern de Catalunya declare a súa independencia o mesmo día que o Tribunal Constitucional dicte sentencia contra o pobo catalán.
En todo caso cabe advertir, que as informacións de El País son máis que interesadas (como as de El Mundo, ABC,...). Non me fiaría moito do que din.
relacionada
chuza.org/historia/upyd-pide-eliminar-da-constitucion-a-proteccion-a-pa
globo-sonda... vexamos as reaccións en Catalunya...
#1 Iso é consecuencia de 30 anos de medo reverencial a mexer coa Xustiza. No Estado español, mesmo con todas as eivas, produciuse unha peneira dos franquistas tanto na clase política como no estamento militar, pero a Xustiza ficou a salvo da limpeza. E daquela poeira, veñen agora estes lodos.
Sobre as consecuencias do fallo do TC español, estou seguro de que a Generalitat catalá non vai declarar a independencia cando se publique a sentenza. Pero sen dúbida será o inicio dun novo momento político, tanto polo impulso que iso suporá para os novos grupos independentistas (á esquerda e á dereita de ERC), como pola radicalización de CDC e os previsibles tensionamentos CDC/UDC e -sobre todo- PSC/PSOE.
Haberá que ver o momento escollido para divulgala, que imaxino que será no máis oportuno para o PP (e, de rebote, para CiU e ERC).