Educación rexeita ensinar o himno de 0 a 3 anos porque nesta etapa "se prepara os nenos para aprender"

C+P A Consellería de Educación descartou hoxe que aos nenos de 0 a 3 anos matriculados nas galescolas se lles ensine o himno galego e autores concretos porque nesta etapa "se prepara para aprender" e a educación "limítase a transmitir hábitos, pautas de sociabilidade e convivencia pero nunca se imparten coñecementos".
10 comentariosen ensino
tags: consellería de educación, himno karma: 225.00
votos de usuarios: 27, votos anónimos: 2

comentarios

  1. #1   

    Pero Anxo Quintana toleou ou qué?? :-O

    Cómo carallo se lle vai ensina-lo hino aos meniños?? E logo o que non o saiba non pasa de curso, non? Flipante!! :-O

    Aos nenos o que lles teñen que ensinar é as cores, os números, o abecedario, cantigas, contos e todas esas trangalladas (eu diso moito non sei que a que estudou educación infantil foi a miña irmá, non eu). Eu pensaba que a diferenza das galescolas ía ser que se lles ensinase aos nenos en galego, pero se se poñen con esas trapalladas... :-S

    Beiras, volve, por favor!!!

    Edito: "nesta etapa "se prepara para aprender" e a educación "limítase a transmitir hábitos, pautas de sociabilidade e convivencia pero nunca se imparten coñecementos"." Pois iso!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 453 dias 13 horas 59 minutosGalegoman
  2. #2   

    Aparte de a acadar o maior poder posible ¿Para donde vai o Bloque? o pregunta unha exvotante xa perdida con tanta trangallada folklórica. A crónica da reuinión cos vellos en Lalín é para chorar.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por clara hai 453 dias 10 horas 48 minutosclara
  3. #3   

    socialdemocratas españolistas

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo-G hai 453 dias 10 horas 44 minutosNemigo-G
  4. #4   

    #1 "Aos nenos o que lles teñen que ensinar é as cores, os números, o abecedario, cantigas, contos e todas esas trangalladas (eu diso moito non sei que a que estudou educación infantil foi a miña irmá, non eu)."

    Podería pasar como cantiga... :roll:

    Se o que queren é enina-lo himno (creo que xa se fai, ou alomenos a min aprendéronmo) sería mellor agardar un pouco, cando os nenos que estivesen nas galescolas e os que non o fixeron se atopasen na ensinanza primaria.

    Mellor que lles ensinen "A Saia da Carolina" aínda que non comprendan toda a letra ata que cheguen á adolescencia xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Sheamais hai 452 dias 23 horas 42 minutosSheamais
  5. #5   

    que non me fodan, é poesía galega

    a min xa mo ensinaron na escola, un colexio de monxas :roll: e en todos os actos se cantaba

    votos: 0, karma: 0
    escrito por martinho hai 452 dias 22 horas 55 minutosmartinho
  6. #6   

    ah, e 0 a 3 anos jaja non lera ben.. como lles van a ensinar o himno tan pequechos?

    iso para a escola primaria

    votos: 0, karma: 0
    escrito por martinho hai 452 dias 21 horas 35 minutosmartinho
  7. #7   

    A min tamén me "transtorna" que ás crianzas lles ensinen o himno. Co ben ensinados que estiveron ata agora "preparándose para aprender"...:-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pingheiras hai 452 dias 20 horas 18 minutospingheiras
  8. votos: 0, karma: 0
    escrito por pingheiras hai 452 dias 19 horas 53 minutospingheiras
  9. #9   

    #4 A min con 3 anos ensinábanme esa do "Grilo Miudiño", non a "Saia da Carolina"...
    Claro que igual pra Quintana son un españoleiro... xa que non teño esa fixación que lle entrou últimamente con "facer país" :roll: Igual se me tivese aprendido de memoria o hino aos dous anos... :roll:

    Eu tamén aprendín o hino en primaria... máis ben medio hino, xa que tiña un corte ó chegar ó fogar dun tal Breogán :roll: :-D :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Galegoman hai 452 dias 19 horas 22 minutosGalegoman
  10. #10   

    Pero en serio que do de aprenderllo aos meniños nas galescolas ían en serio?
    Eu non sei que teima lle entrou a este home co do himno, se a todos nolo aprenderon na escola (a min tamén me aprenderon o que non se canta ;) ). Non deberían agardar a que os cativos tivesen a capacidade intelectual de albiscar o significado do poema? Porque se non os nenos o único que farían sería repetilo mecánicamente como un mantra, non?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por pris hai 452 dias 14 horas 53 minutospris

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]