Diputación da Coruña podería gastar 98.520 € de todos en dar formación para o uso de software non libre

Saca a concurso a formación en TIC para o que queda de ano, no que a maioría da oferta consiste en aplicacións non libres que fomentan a fuga de capital,e profesionáis e a dependencia tecnolóxica.
5 comentariosen economía
tags: software libre, diputación karma: 196.00
votos de usuarios: 30, votos anónimos: 16

comentarios

  1. #1   

    Que collóns teñen... e logo veñen vendendo nas eleccións sw libre para todos... se nin saben o que significa sw lible!!!! panda de ignorantes que nos gobernan!!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tonio hai 730 dias 8 horas 5 minutostonio
  2. #2   

    Perdón, ¿pero o normal non é formar sobre os sistemas informáticos en uso? Se o software libre non está xeralizado nin na Administración nin na Empresa, ¿qué culpa lle teñen os usuarios que van a recibir a formación?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por marcus hai 730 dias 7 horas 32 minutosmarcus
  3. #3   

    Comento o que di Marcus.
    A tendencia a empregar o Software Libre e estándares abertos na Administración é algo que está empezando a ser realidade pero moi lentamente. Se unha Administración ou unha empresa privada ou pública quere empregar Software Libre, o primeiro que terá que facer será formar aos seus empregados en materia de Software Libre. É dicir, non cambiar dun día para outro sen ter informado e formado ao persoal.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por capri99 hai 730 dias 7 horas 18 minutoscapri99
  4. #4   

    Menudo bodrio... outra de word, excel, acces.... Este tipo de cousas o único para o que sirven é para darlle de comer a un par de listos... pero para formar 0. Máis ben para deformar e para que os matriculados teñan algún puntiño máis. Son cursos de risa e anacrónicos, la "sopa boba", que fan que a xente teña concepcións monolíticas, moi ríxidas e excesivamente pautadas. Para cando cursos de procesadores de texto, follas de cálculo, bases de datos, etc, de forma xenérica ensinando o que é común a estas ferramentas e traballando esencialmente con programas libres?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por diogenes hai 730 dias 2 horas 7 minutosdiogenes
  5. #5   

    #3 Completamente de acordo contigo capri99, se lles cambian o sistema dun privativo a un libre sen darlles formación a xente con razón queixariase de que quere formación para adpatarse ao novo sistema; ningún cambio pode nin debe de ser drástico o ideal e que sexa progresivo e paulatino.

    2# Con respecto o que dis ti 'marcus' esa é a liña ideal para que todo siga igual e sigamos gobernados tecnolóxicamente multinacionais. Primerio formamos, logo implantamos progresivamente e por fin cambiamos definitivamente.

    As administracións publicas manexan o diñeiro de todos, diñeiro que se vai para Redmond cando podía quedarse en empresas locais que axuden a xerar texido empresiarial e tecnolóxico no pais.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tonio hai 730 dias 1 hora 51 minutostonio

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]