''Depois dos direitos dos simios o seguinte passo é a eutanásia, a eugenésia e a limpeza étnica''

 
Segundo a epístola dominical do bispo de Palencia (Espanha) a adesom do parlamento espanhol ao projecto Gram Símio é filha dumha "lógica irracional", e nom tem dúvidas de que o seguinte passo é a legislaçom "da eutanásia, a eugenésia e a limpeza étnica".
33 comentariosen relixión
tags: palencia, simios, eutanásia, limpeza étnica karma: 227.99
votos de usuarios: 24, votos anónimos: 11

comentarios

  1. #1   

    Nota: Eu estou superencontra da grande parvada do projecto Gram Símio.
    Para todos aqueles que esteam vacinados de... nom sei... a hepatite B e salvem de levar umha vida mui fodida graças a isso, umha lei como essa impediria a existência dessa vacina, por exemplo.
    Mais Ciência e menos parvadas, e melhor exprimido aquí: charlatanes.blogspot.com/2008/06/ms-ciencia-y-menos-polica.html

    votos: 6, karma: 40
    escrito por Fer hai 139 dias 15 horas 41 minutosFer
  2. #2   

    #1 Concordo

    votos: 2, karma: -13
    escrito por zaratustra hai 139 dias 14 horas 44 minutoszaratustra
  3. #3   

    #1 'los ecologistas de asfalto se sentirían héroes merecedores de monumentos' adoro a esse home!! :-D

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 139 dias 13 horas 35 minutosGalegoman
  4. #4   

    Ciencia SI. Explotación, maltrato e asasinato animal, NON.
    Deixemonos de parvadas e de comparacións estúpidas...
    É incríbel que nos tempos que corren se cause tanto sofrimento aos animais, en especial aos nosos irmaos os Grandes Símios, que é o animal máis proximo a nós na cadea evolutiva.
    Non se poden xustificar subvencións millonarias a costa do sufrimento de animais non humanos.
    Os que critican a Peter Singer, non é que me caia especialmente simpático, pero deberían ler a súa obra maestra "Liberación Animal", que podemos considerar a "biblia", se me permitides a expresión tendo en conta o caracter relixioso da nova que nos ocupa, do movimento liberacionista, vexetariano/vegano...ou como queirades chamalo, é dicir o movimento de Liberación Animal.

    votos: 6, karma: 3
    escrito por Partisano hai 139 dias 11 horas 24 minutosPartisano
  5. #5   

    #4 Uf, falta de tempo e demasiada educaçom tenho para comentar as parvadas de Singer, porfavor.

    votos: 4, karma: 19
    escrito por Fer hai 139 dias 11 horas 17 minutosFer
  6. #6   

    Logo falamos das touradas, pero aquí parece que hai moito progresismo de pegatina, e o Gran Simio é un bo exemplo delo.

    Si para obter unha vacina hai que matar a millóns de animais, eu sinceramente, penso que hai moi pouca ética neste mundo.

    Parece tamén ridículo falar do terceiro mundo, cando alí, tanto lles ten que haxa vacina ou non, pois cando algunha empresa farmacéutica se digne a suministrarlla a un prezo que podian asumir, eles seguramente, xa morreron.

    Esta é a hipocresía do primero mundo, non otorgamos dereitos ós animais, pero tampouco facemos nada para mellorala situación das persoas, e aínda por riba, poñemos o 3º mundo como excusa da primeira petición.

    A ver se lemos máis literatura e filosofía, e menos merdas de blogueiros que por ler o Código da Vinci, xa se cren científicos...

    votos: 3, karma: 18
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 11 horas 13 minutosese_pitufo
  7. #7   

    #5 polo pronto Singer xa estudou máis o tema ca ti...

    votos: 1, karma: 21
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 11 horas 13 minutosese_pitufo
  8. #8   

    A postura de Fer parece-me simplista e visceral de mais, como tantas outras vezes ocorre com determinadas teimas suas, mas eu tampouco tenho tempo abondo agora como para expor, por exemplo, a defesa dos direitos dos animais nom-humanos que fai Jorge Riechmann (cientista, por certo).

    votos: 1, karma: 21
    escrito por signatus hai 139 dias 11 horas 8 minutossignatus
  9. #9   

    Eu nom nego os direitos do animais, mas nom até o ponto que interfiram coa investigaçom científica, assim de simplista.
    E já sabemos que nom todos podemos ser tam auténticos #6...

    votos: 2, karma: 6
    escrito por Fer hai 139 dias 11 horas 2 minutosFer
  10. #10   

    #9 unha visión simple e sesgada da realidade, que demostra como a forza de repetir unha mentira convertese no contrario...

    Non se trata de ser auténtico ou non, trátase de ser ético, e eu rexeito a experimentación animal como o que é, un método de tortura baixo o nome da ciencia, que provoca máis fracasos que éxitos.

    A experimentación animal para cosmética, lavavaixelas, pintalabios, tabaco tamén é investigación científica; si que deben interferir moito na túa calidade de vida, para experimentar con animais.

    votos: 1, karma: 6
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 10 horas 53 minutosese_pitufo
  11. #11   

    De verdade, é nom podo trabalhar com esse nível de demagogia. O mesminho é a investigaçom coa hetatite B que a cosmetica, o mesminho.

    votos: 3, karma: 40
    escrito por Fer hai 139 dias 10 horas 48 minutosFer
  12. #12   

    É o mesmo, todo se engloba baixo a etiqueta de experimentación animal; se ti non coñeces a temática da que se fala, non sei porque entras ó trapo a debater, ou "des"debater...

    Pero claro, agora non podes dicir que aceptas a experimentación animal para mediciña, e non aceptas a restante; porque iso é hipócrita. Hai que revisar a definición de ciencia.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 10 horas 42 minutosese_pitufo
  13. #13   

    #12 A ver, para ser sintéticos: Nom flipes macho.

    votos: 3, karma: 25
    escrito por Fer hai 139 dias 10 horas 35 minutosFer
  14. #14   

    Já que começou o debate aproveito... que animais deveriam ter direitos?

    Digo-o porque para mim, será cousa cultural, do entorno e/ou nível educativo, mas tenho umha teoria um tanto particular. Eu tenho mentalmente estabelecidos (no digo que tenham que ser assi) como uns níveis... no primeiro estam os humanos e no segundo os monos, cans, gatos, delfins e todos os animais que eu nom me comeria em principio (de ser coreano, p.ex. teria outra ética); logo estam os mamíferos que si me comeria quase-sem-pensar, como vacas, ovelhas,... logo estam os paxaros; logo anfíbios e réptiles; logo os peixes (nunca senti lástima de comer um peixe); logo os crustáceos e toda a bicheria marinha e finalmente os insectos, que ainda que considero mui importantes para os ecossistemas e todo isso nom me dam lástima, podo pisar umha cascuda sem remordimento algum. Nos protozoos, paramécias e demais fauna microscópica nem penso sequera (em questom de direitos).

    Onde é que se deve pôr o limite dos direitos??

    votos: 2, karma: 51
    escrito por Galegoman hai 139 dias 10 horas 28 minutosGalegoman
  15. #15   

    Pregunta para os que están en contra dos ensaios con animais: que alternativa hai?

    votos: 2, karma: 16
    escrito por ascarida hai 139 dias 10 horas 19 minutosascarida
  16. #16   

    Galegoman podes resolver dúbidas aquí:
    www.igualdadanimal.org/articulos/terminos-basicos-para-el-analisis-delo

    Todos somos animais, e todos debemos ter unha serie de dereitos que poderían chamarse fundamentais ou básicos, que lles son negados á maioría dos animais. É dicir, a reivindicación dos dereitos para os animais non consiste en que o León poda matricularse nunha universidade. Normalmente considéranse ós activistas pro-dereitos dos animais como iluminados que non nos preocupamos por ninguén, pero iso é completamente falso. Non se propugnan máis dereitos para uns que para outros, senón unha igualdade, coas diferencias salvables entre especies.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 10 horas 18 minutosese_pitufo
  17. #17   

    #15, ¿Porque hai que dar unha alternativa?

    E contesto con outra pregunta, ¿hai algunha alternativa á ablación do clítoris? E a pregunta que se formularía un pai o que lle negan facer a ablación a súa filla.

    Algunhas técnicas no eido da ciencia que xa se están a utilizar son os tecidos artificiais, algo que xa se probou en Barcelona, e simulacións, como se fai en algunhas universidades norteamericanas. Hai máis, pero descoñezoas.

    votos: 0, karma: 15
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 10 horas 15 minutosese_pitufo
  18. #18   

    #15 Hai que dar unha alternativa porque están en contra de toda experimentación con animais, sen matices. Negar a maior é frear, por exemplo, os avances médicos para sempre.

    Ti dis células nai, tecidos e simulación, moi ben, pero eso non o cubre todo. Non se chegaría a ese chip que detén a enfermidade de Parkingson sen ter ensaiado antes en animais. Renunciamos á cura desas enfermidades?

    votos: 2, karma: 38
    escrito por ascarida hai 139 dias 9 horas 54 minutosascarida
  19. #19   

    #18 E eu che rebato o de "negar a maior é frear", que as alternativas teñen que dalas os que experimentan, e parte das alternativas danse nese eido. Unha das causas de perpetuar a experimentación animal é que sae moi barato remplazar un macaquiño, un rato ou un coello.

    Dades por sentado que cada día, a morte de milleiros de animais, provoca a aparición de novas curas, novas vacinas ou novas técnicas para superar enfermidades. E creese que a experimentación animal é a solución de tódolos problemas.

    Eu estou en contra das touradas e non dou unha alternativa á súa abolición; non sei porque teño que dar eu alternativas á experimentación con animais. E repito, tamén estou...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 15
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 9 horas 30 minutosese_pitufo
  20. #20   

    #19 Nada, que segues a comparar a criaçom dumha vacina ou a investigaçom do Parkingson com um xampu. Pois nada, umha linha mais na história do neo-obscurantismo.

    votos: 1, karma: 22
    escrito por Fer hai 139 dias 3 horas 31 minutosFer
  21. #21   

    #20 non o colles verdade? experimentación animal é tanto para cosmética como para farmacéutica...

    Non hai moita diferencia nos "test" que se lles fan os animais ¿ou acaso ti os coñeces?

    votos: 0, karma: 14
    escrito por ese_pitufo hai 139 dias 1 hora 26 minutosese_pitufo
  22. #22   

    Curiosidades a favor dos dereitos dos simios (as dous en ingles):

    Jane Goodall fascinado coa intelixencia dos primates:
    www.ted.com/index.php/talks/jane_goodall_on_what_separates_us_from_thel
    Orangutan pescando con lanza:
    www.dailymail.co.uk/sciencetech/article-562236/Orangutan-attempts-huntl

    Curiosidades a favor dos dereitos dos curas (eles tamen poden ser humanos):

    Don Peregrino en Pontevedra explicaba:
    "A la Virgen, como al cerdo, se le aprovecha todo"
    Din que outro cura explicaba a Santisima Trinidade co misterio dos grelos e as nabizas:
    chuza.org/historia/leccion-de-anatomia-dun-grelo#comentario-1

    votos: 2, karma: 25
    escrito por skiold hai 139 dias 24 minutosskiold
  23. #23   

    Concordo en todo o exposto polo pitufo.
    Porém nom deixa de ser curioso que o debate foi em paralelo, ninguém comenta nada de que na folha parroquial palentina diga que despois de se aprobar os dereitos dos primates ha vir a limpeza étnica.
    Que manda caralho.

    votos: 1, karma: 19
    escrito por macmillan hai 138 dias 20 horas 59 minutosmacmillan
  24. #24   

    Pois a mim a página essa de #16 nom me aclarou nada... estive lendo todos os artigos que me pareciam interessantes para aclarar as minhas dúvidas, mas fiquei como estava.

    Estou de acordo em que os zoológicos, circos e demais nom som precisamente respeitosos para com os animais (nom humanos... e se quadra humanos também), assi que o de entretenimento - www.igualdadanimal.org/entretenimiento - já o tenho bastante claro.

    O da vestimenta parece-me paranóico, e explico por quê.
    - O do coiro, como bem di o artigo - www.igualdadanimal.org/vestimenta - é um subproduto da indústria da carne, nom vejo por quê nom aproveitar que já fomos malvados e assassinos para sacar...

    » ver todo o comentario

    votos: 1, karma: 34
    escrito por Galegoman hai 138 dias 20 horas 14 minutosGalegoman
  25. #25   

    Un saúdo, é o meu primeiro comentario aquí (cando menos en moito tempo... que por aquí xa andivemos ó principio dos tempos chuceiros).

    Creo que por moito que me doa concordo con este señor en que o do proxecto Gran Simio é unha parvada. Non o fago do mesmo xeito que él, e dende logo non con esa "efusividade", pero penso que os dereitos animais están garantidos legalmente (OLLO: garantidos legalmente =/garantidos realmente... pero iso é aplicable a calquera cuestión).

    Se pode mellorar a lexislación vixente? Si. Dende o punto de vista de que siguen pervivindo as touradas, está claro que non é unha lexislación suficientemente garantista para cos dereitos animais.

    Pero o...

    » ver todo o comentario

    votos: 1, karma: -7
    escrito por cascallos hai 138 dias 19 horas 56 minutoscascallos
  26. #26   

    ""Crear dereitos "humanos" para certos animais paréceme absurdo e unha demostración de ata que punto a sociedade occidental acomodada se sinto con poucos motivos para a loita e para a defensa de verdadeiras causas que podan mellorar a vida das persoas.""

    Entón, segundo a túa opinión, otorgar unha protección maior a un animal é humanizalo. Eu, fronte o teu argumento, sinceramente, non sei como tes un nivel de asignación tan elevado como para poder escoller que causa é mellor ca outra. Entón, ¿podes dicirme a que causa noble te adicas ti? ¿Dereitos Humanos? ¿Fame global?

    Unha persoa que argumenta que existen mellores causas, é posiblemente unha persoa que este apoltronada n...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 13
    escrito por ese_pitufo hai 138 dias 19 horas 38 minutosese_pitufo
  27. #27   

    #26 Si caralho!! Ti o que queres é sugar-me os quartos! :-D :-D

    Podias-te esforçar um pouco como os Testigos de Jeová e ir de porta em porta polo menos! ;) :-D

    votos: 1, karma: 26
    escrito por Galegoman hai 138 dias 19 horas 33 minutosGalegoman
  28. #28   

    Jejejeje; non o que pasa é que o libro non está pola rede, se queres imprimocho ;)

    votos: 0, karma: 13
    escrito por ese_pitufo hai 138 dias 19 horas 28 minutosese_pitufo
  29. #29   

    metabolically speaking, o (outro) animal mais semelhante ao homo sapiens vem sendo o porco. galiza canival!

    votos: 2, karma: 41
    escrito por odeteresa hai 138 dias 19 horas 27 minutosodeteresa
  30. #30   

    #26 desgraciadamente, adicarse voluntariamente a causas deste tipo require un tempo do que eu non dispoño.

    Pero penso (é só unha opinión persoal, coa cal paréceme lexítima a discrepancia) que se dispuxera de tempo o último que se me pasaría pola cabeza é poñerme a defender ós monos mentres hai xente morrendo de fame ou en condicións de vida marxinais. E non fai falta marchar a África, tamén en Galiza atoparás exemplos suficientes.

    "Eu, fronte o teu argumento, sinceramente, non sei como tes un nivel de asignación tan elevado como para poder escoller que causa é mellor ca outra. "

    ¿Non me estas sobrevalorando un pouco? Eu non escollo que causa é mellor, eu opino q...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 0
    escrito por cascallos hai 138 dias 19 horas 24 minutoscascallos
  31. #31   

    #30 xa que o quecemento global e a fame son máis importantes, voucho relacionar coa temática dos animais, e dunha maneira que terás tempo dabondo para facelo:

    ¿Sabes cantos quilogramos de cereais son necesarios para alimentar unha vaca que logo comerás? ou mellor, ¿sabes canta auga consume un animal adicado a gandeiria intensiva?

    Isto son recursos que grazas a explotación que facemos doutros animais, non van parar os millóns de persoas que morren de fame.

    Alternativa: vexetarianismo e mesmo veganismo. Non hai que ter tempo para facelo, e un cambio alimentar. E curiosamente isto relacionase coa fame, cos biocombustibles, co quecemento global; causas, para ti máis importantes.

    Por certo, ¿a exploración espacial? que che reporta...

    votos: 0, karma: 13
    escrito por ese_pitufo hai 138 dias 19 horas 9 minutosese_pitufo
  32. #32   

    #31 paréceme ben que procures no veganismo ou no vexetarianismo a solución para a fame no mundo, pero ti e máis eu sabemos que iso é una utopía. Prefiro as solucións con probabilidades de cumprirse no mundo real (sinto que me lembre un pouco á solución que propón a igrexa católica para as enfermidades de transmisión sexual: a abstinencia. Si, sen tecnicamente é unha solución... pero mellor veñan ó mundo real se queren plantexar solucións).

    Evidentemente, ti apostarás polo veganismo, pero sabes moi ben que na práctica non servirá porque o 99% da humanidade seguirá (seguiremos) incluíndo carnes e pescados na súa dieta. Non por darche a ti na cabeza, senón porque for...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 2
    escrito por cascallos hai 138 dias 18 horas 12 minutoscascallos
  33. votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 132 dias 7 horas 18 minutosGalegoman

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]