Concello inglés descúlpase e devolve cruz de eirexa Fisterrá

Concello inglés descúlpase e devolve cruz de eirexa Fisterrá
 
Harry Paye, un pirata de Poole (sul de Inglaterra, perto de Cornualles), roubárana polo ano 1400, da eirexa de Santa María das Areas, en Fisterra. Agora, unha asociación chamada "Pirates of Poole" mandou facer unha réplica da cruz de madeira para a levar á eirexa galega como agasallo e reconhecemento dos excesos do seu vecinho na nosa terra. O xornal 'The Times' tamén dí que o alcalde de 'Finisterre' (!), 'Josa Traba' (!) está contento coa idea. En inglés o nome do concello é Fisterra, Finisterre é o cabo. Qué documentación
7 comentariosen historia
tags: fisterra, pirata, poole, the times karma: 252.00
votos de usuarios: 29, votos anónimos: 12

comentarios

  1. #1   

    En inglés e en calquera idioma tanto o cabo como o concello son Fisterra. Igual que eu tamén poria Cornwall, non Cornualles.

    votos: 0, karma: 17
    escrito por chimpin hai 103 dias 13 horas 58 minutoschimpin
  2. #2   

    levas razón, mais para eso tinha que pór 'Kernow', que é o nome en córnico, e ninguén se ía enterar do qué estou a falar xD. Fisterra como concello galego aparece na wikipedia inglesa, ou sexa que 'The Times' non tén escusa, que seguro que cando cobren novas en Catalunya non pifian do mesmo xeito. Mais no caso do cabo, pode ser que 'Finisterre' sexa o nome usado nas illas británicas dende os tempos dos romanos para se referir ó 'noso' cabo Fisterra, polo que ahí non sei por onde tirar.

    votos: 1, karma: 24
    escrito por xel hai 103 dias 13 horas 50 minutosxel
  3. #3   

    #2 Galegoman seria moi partidário de Kernow. Eu non sabia que se chamaba así, ainda que sendo á beira do mar seuro que ten nome galeguizado do estilo de Capetón ou así. No caso do galego, eu sempre nome galego, sexa onde sexa. E se non saben explíca-se. Igual quedaba ben un Kernow (Cornwall)

    votos: 1, karma: 36
    escrito por chimpin hai 103 dias 13 horas 45 minutoschimpin
  4. votos: 0, karma: 17
    escrito por ifrit hai 103 dias 13 horas 36 minutosifrit
  5. #5   

    #3 Pondal chamaballe Cornubia a Kernow e Cambría a Gales, en galés o nome destoutro País e Cymru, que se pronuncia así como Cam-bri.

    Comeza a cobrar forza a tese de que o nome galego ou castelán de London, ou sexa Londres, precede da vella lingua córnica, antano máis extendida polo Suroeste británico máis aló do ducado da Cornualla e do condado de Devon. Londres en córnico escrebese e pronunciase "Londres".

    Os ingleses deronlle en chamar Cornwall- algo así como unha castrapada deturpadora que resulta de Corn-Wall, ou sexa, valado de millo e até puxeron carozos de millo no seu escudo e simbolos nacionais. Os ingleses pola contra din que o nome resulta da evolución de Cornubii Weallas. Cornubi e o etnónimo da treba céltiga que habitaba esa zona de Britania e Weallas e a palabra saxona para definir aos estranxeiros, así pois os Weallas do norte pasaron a ser os de Wales, ou sexa Gales, e os Cornubii Weallas pasaron a ser os de Cornwall. Que cada quen saque as suas conclusións.

    votos: 3, karma: 49
    escrito por Garrano hai 103 dias 10 horas 1 minutoGarrano
  6. #6   

    Cornualha

    votos: 0, karma: 6
    escrito por malpocado hai 103 dias 4 horas 58 minutosmalpocado
  7. #7   

    Eu lira unha vez, mais non sei se é certo, que a etimoloxía de Cornualles/Cornwall é así: "Corn" procede de Kernow (o nome de Cornualles na lingua propria) e Wall da palabra anglosaxona (e tamén xermánica) "Walha", empregada para referirse aos que non eran compatriotas (ou sexa, comparte étimo con Wales -Gales-, Walonie -Valonia-, Welsch - suizo francófono en suizo-alemán).

    votos: 0, karma: 6
    escrito por Xistral08 hai 102 dias 19 horas 48 minutosXistral08

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]