Concello de Valdoviño foi o primeiro en proclamar a II República?

Concello de Valdoviño foi o primeiro en proclamar a II República?
 
Ou iso afirman na web municipal. Eibar leva a fama de ser o primeiro concello en proclamar a república, pero outros como o historiador Bernardo Máiz afirman que foi Vigo. Vía: www.vieiros.com/nova/66411/a-segunda-republica-comezou-en-valdovino
2 comentariosen historia
tags: valdoviño, república karma: 236.00
votos de usuarios: 31, votos anónimos: 9

comentarios

  1. #1   

    Pois vai ser que continúa a ser Eibar.

    A proclamación da II República é consecuencia dos resultados da eleccións municipais do 12 de abril de 1931. Xa houbo outras proclamacións anteriores a esa data e ninguén as considera como inicio da República.

    No caso de Vigo, é un concelleiro quen entra no Concello, muda a bandeira proclama pola súa conta a República. En Eibar son os concelleiros electos os que se constitúen en sesión solemne e por unanimidade proclaman a República (gl.wikipedia.org/wiki/Eibar). Sorprende que un historiador como Máiz non vexa (ou non quera ver) as diferenzas que se decantan pola cidade guipuscoana.

    votos: 3, karma: 56
    escrito por mourullo hai 76 dias 15 horas 31 minutosmourullo
  2. #2   

    "O 11 de abril de 1931 proclámase a república en Valdoviño, sendo o primeiro concello de España onde esto sucede. As eleccións municipais polas cales se proclamaría a 2ª República celebráronse ó día seguinte, 12 de abril, pero nun pleno do Concello - segundo consta na acta - do día anterior apróbase a compra da bandeira republicana e a proclamación desta". Xa daquela andaban os concellos a facer proclamacións que non cabían na constitución :-D

    votos: 0, karma: 15
    escrito por pingheiras hai 76 dias 5 horas 9 minutospingheiras

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]