Entre as enquisas que o Observatorio para a CiberSociedade está levando á cabo entre os diferentes blogueiros españois e como complemento á xuntanza Enblogs'06 celebrada en Santiago o 19 de abril, esta web acaba de facer público o retrato robot da blogosfera galega, tamén coñecida como «blogomillo» (
www.cibersociedad.net/actividades/informe_enquisa_2006.pdf). Un 60% mantén que prefire á denominación de Galiza fronte a Galicia (36%) e no que atinxe á relación Galego-Portugués, as diferencias non son tan amplas: un 56% considera que son idiomas diferentes, fronte a un 42 que mantén que son o mesmo idioma (usado en diferentes países con diferentes normas e fonéticas).
comentarios
Relacionado: chuza.org/historia/como-son-os-blogueiros-galegos/