www.oteixo.org/component/option,com_events/task,view_detail/agid,2/yea...
enviado por con-cencia hai 43 dias 50 minutos, publicado hai 42 dias 19 horas 45 minutos
Este sábado vaise levar a cabo unha plantación de carballos organizada pola asociación cultural "O Teixo" de A Ulloa no centro de educación socio-ambiental de Ramil "A casa da eira da Xoana" (aldea do concello de Agolada) no Alto Ulla. Este centro encádrase dentro do proxecto de ADEGA "Aldea Verde" que pretende levar a cabo actividades co obxectivo de potenciar, protexer e divulgar os valores da zona a escala ambiental, cultural e etnográfica. Moi posibelmente pola tarde tamén se faga unha camiñata polo sobreiral de Carmoega.
comentarios
Manda carallo! Os do TEIXO a prantar carballos! E pq non prantan teixos que escasean máis ca os carballos? A máis na Ulloa, xamáis mirei eu un teixo na Ulloa!
E non sería mais necesario que cada un podara un carballo?
Estamos a falar do centro de educación socio-ambiental, onde xa existe un formato establecido de actividades e unhas determinadas subvencións...dende logo que sería bo prantar teixos e podar carballos pero terá que ser noutra ocasión e quizais noutro espazo...xa que de inmediato a previsión e amais dos carballos levar a cabo unha prantación de sobreiras. Por outro lado, o obxectivo real da actividade e dar a coñecer este centro e motivar a participación da cidadanía no mesmo.