calidonia.blogaliza.org/2008/03/13/mediterraneo/
enviado por Cleoninha hai 59 dias 3 horas 19 minutos, publicado hai 58 dias 9 horas 31 minutos
No blogue do chuzeiro Calidonia atopamos unha curiosa análise sobre o resultado das eleccións xerais de 2008. Unha primeira ilustración amosa a población estranxeira en España (2005), é dicir, de inmigrantes. As zonas con maior densidade son Madrid e o Levante español. Nunha segunda ilustración observamos a variación do voto ó PP nestas derradeiras eleccións, aumentando no centro e levante español, e diminuíndo na Galiza e norte de España. Alguén acha algunha relación explicábel?
comentarios
Eu tenho uma explicação dupla:
a) a população "autóctone" não quer mais imigrantes, porque lhes "roubam" o trabalho, "geram" insegurança, etc., e sabem que o PP pede mais restrições para a imigração
b) a população imigrante já estabelecida e regulariza acha que os novos imigrantes em potência lhes podem roubar o trabalho, gerar insegurança, etc., e sabem que o PP pede mais restrições para a imigração [♪ vamos Rajoy, Mariano Rajoy, el Partido Popular contigo estoooooy ♫]
#1: "e sabem que o PP pede mais restrições para a imigração"
Iso é un falso mito. Foi o PP quen abríu a porta de atrás porque lles interesaba para abaratar costes laborais. O PP está encantado coa inmigración (que te sería de ellos sin las chachas ecuatorianas baratitas), ao que lle reviran o bico é á regularización dos que non teñen permiso de residencia.
E, por suposto, cando é necesario sácase a pasear a demagoxia, que sempre lles foi rentable politicamente.
Eu creo que a explicación é moi diferente.
Os inmigrantes aséntanse nos territorios onde hai traballo para eles -> Os traballos que reciben os inmigrantes son en sectores vulnerables ás inestabilidades económicas -> eses territorios son os primeiros en notar os periodos de crise.
De ahí resulta que o que deu resultado foi a idea de que a economía ía mellor co PP que agora co PSOE, nos territorios que xa viron chegar a crise.
E xa resposto eu á cuestión de ¿Entón por qué non gañou o PP as eleccións? - Porque Pizarro amosou ser un incompetente e que Solbes lle daba varias voltas.
Ó final Marvin Harris vai ter razón, todo se reduce á economía.
Na miña opinión, Non.
#2 De falso mito nada. Disse que (agora) o PP pede mais restrições, e é certo. Só tens de consultar o programa eleitoral do PP para o comprovares