Chega o fin da 'burbulla Google'?

Chega o fin da 'burbulla Google'?
As turbulencias financeiras afectan ata aos xigantes da rede. Google, afeito ver os seus números en Wall Street, tinguidos de verde perpetuo, atravesa nos últimos tres meses, a súa maior crise desde a saída a bolsa en agosto do 2004.
7 comentariosen economía
tags: internet, google, buscador, bolsa karma: 255.00
votos de usuarios: 24, votos anónimos: 10

comentarios

  1. #1   

    Home, a acción vale 5 veces máis do que custaba cando a empresa saiu a bolsa... que lle pregunten por exemplo aos accionistas de Terra, que quedaron coa quinta parte do que lles custou a acción na época "dourada" da especulación.

    votos: 2, karma: 30
    escrito por derrelicto hai 43 dias 9 horas 39 minutosderrelicto
  2. #2   

    Creo que o preocupante para Google non é tanto a baixada nas accións dos últimos meses: hai problemas financeiros e xa se sabe que en caso de crise as empresas comezan rebaixando gasto en publicidade e marketing (aínda que ultimamente isto é máis un tópico que outra cousa).

    O relevante é que o frenazo veña no 'interese' dos usuarios polos enlaces patrocinados; unha desaceleración moi brusca (de medrar un 40% pasa a un 3% en apenas 3 meses). Pode ser algo puntual ou indicar un cambio de tendencia, saturación no mercado, que a competencia se pon as pilas...

    De todas formas, a dúbida é se Google será quen de manter os beneficios brutais que leva conseguindo ano tras ano, así que seguramente o titular nos quedou (un chisco) amarelo de máis :-)

    votos: 2, karma: -4
    escrito por chexire hai 43 dias 7 horas 45 minutoschexire
  3. #3   

    As accións a 444 dólares (a día de hoxe), tampouco se pode dicir que sexa unha empresa afectad por unha crise. Quizáis estaban infladas de mais, pero coma case todas as empresas, o que pasa é que unha crise pon a cada un no seu sitio.

    votos: 0, karma: 5
    escrito por boboras hai 43 dias 6 horas 51 minutosboboras
  4. #4   

    berto, vaia par de novas catastrofistas en dous dias: e esta a fin de eeuu? e esta a fin da burbulla de google? xD

    votos: 0, karma: 15
    escrito por LLik hai 43 dias 6 horas 15 minutosLLik
  5. #5   

    berto, estás ben? véxote un pouco apocalíptico ultimamente chuza.org/historia/estamos-ante-o-colapso-definitivo-de-eeuu-como-superpotencia/ :-D

    votos: 1, karma: 30
    escrito por ifrit hai 43 dias 6 horas 5 minutosifrit
  6. #6   

    Fai tempo que google deixou de ser o mellor motor de busca. Os seus motores fallan máis que unha escopeta de feira, dálle moita importancia a webs irrelevantes e poca ás que teñen a maior información gratuíta da rede sobre ese tema. Segue sendo o mellor á hora de innovar, crear novos servizos, etc. pero o seu motor de busca, la razón pola que arrasou nun principio, agora mesmo deixa moito que desexar. E eles mesmos sábeno

    votos: 0, karma: 14
    escrito por rianxo hai 43 dias 1 hora 17 minutosrianxo
  7. #7   

    #6 concordo plenamente... hai tempo que non acho a referencia directa a un produto na web da marca sen pasar antes por dúas-tres páxinas de resultados de puro lixo estilo mercadolibre e similares... seo ou non seo, esa é a cuestión ;)

    votos: 1, karma: 19
    escrito por derrelicto hai 42 dias 22 horas 49 minutosderrelicto

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]