www.galiciae.com/nova/8738.html
enviado por berto hai 120 dias 15 horas 55 minutos, publicado hai 120 dias 8 horas 3 minutos
As turbulencias financeiras afectan ata aos xigantes da rede. Google, afeito ver os seus números en Wall Street, tinguidos de verde perpetuo, atravesa nos últimos tres meses, a súa maior crise desde a saída a bolsa en agosto do 2004.
comentarios
Home, a acción vale 5 veces máis do que custaba cando a empresa saiu a bolsa... que lle pregunten por exemplo aos accionistas de Terra, que quedaron coa quinta parte do que lles custou a acción na época "dourada" da especulación.
Creo que o preocupante para Google non é tanto a baixada nas accións dos últimos meses: hai problemas financeiros e xa se sabe que en caso de crise as empresas comezan rebaixando gasto en publicidade e marketing (aínda que ultimamente isto é máis un tópico que outra cousa).

O relevante é que o frenazo veña no 'interese' dos usuarios polos enlaces patrocinados; unha desaceleración moi brusca (de medrar un 40% pasa a un 3% en apenas 3 meses). Pode ser algo puntual ou indicar un cambio de tendencia, saturación no mercado, que a competencia se pon as pilas...
De todas formas, a dúbida é se Google será quen de manter os beneficios brutais que leva conseguindo ano tras ano, así que seguramente o titular nos quedou (un chisco) amarelo de máis
As accións a 444 dólares (a día de hoxe), tampouco se pode dicir que sexa unha empresa afectad por unha crise. Quizáis estaban infladas de mais, pero coma case todas as empresas, o que pasa é que unha crise pon a cada un no seu sitio.
berto, vaia par de novas catastrofistas en dous dias: e esta a fin de eeuu? e esta a fin da burbulla de google?
berto, estás ben? véxote un pouco apocalíptico ultimamente chuza.org/historia/estamos-ante-o-colapso-definitivo-de-eeuu-como-supe/
Fai tempo que google deixou de ser o mellor motor de busca. Os seus motores fallan máis que unha escopeta de feira, dálle moita importancia a webs irrelevantes e poca ás que teñen a maior información gratuíta da rede sobre ese tema. Segue sendo o mellor á hora de innovar, crear novos servizos, etc. pero o seu motor de busca, la razón pola que arrasou nun principio, agora mesmo deixa moito que desexar. E eles mesmos sábeno
#6 concordo plenamente... hai tempo que non acho a referencia directa a un produto na web da marca sen pasar antes por dúas-tres páxinas de resultados de puro lixo estilo mercadolibre e similares... seo ou non seo, esa é a cuestión