Centenario do cineasta galego Carlos Velo

Centenario do cineasta galego Carlos Velo
 
Cúmprense hoxe cen anos do nacemento de Carlos Velo Cobelas no lugar de Pereiros, no concello ourensán de Cartelle. O cineasta, morto en México DF no 1988, forxou unha traxectoria cinematográfica que comezou na España republicana previa á Guerra Civil, consolidándose como un dos documentalistas máis notables daquel período. Esta fama prolongouse no seu exilio de case medio século en México para confirmarse como prolífico cineasta, mestre de documentalistas e promotor de numerosas institucións.
sen comentariosen audiovisual
tags: carlos velo, cinema, ourensanía karma: 222.81
votos de usuarios: 35, votos anónimos: 11

comentarios


quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]