Carta a LVG. Prensa catalá e vasca vetadas na Galiza

Un cidadán catalán laiase en carta a La Voz de Galicia (Tristeza de un ciudadano catalán, asinada por Dolores Barberá) da falta de distribución de prensa catalá e vasca na Galiza por unha "asociación de la prensa". Noutros anos esta prensa era habitual no verán nos quiosques de Galiza ou das suas zonas máis turisticas, onde cataláns e vascos podían facerse con prensa diaria dos seus paises, mais dun par de anos para acó, polo que algúns tamén temos constatado, isto xa non é posíbel.
5 comentariosen medios
tags: prensa, vasca, catalá, la vanguardia karma: 235.00
votos de usuarios: 34, votos anónimos: 9

comentarios

  1. #1   

    E digo eu, realmente a Asociación da Prensa pode facer isto. Quen é a Asociación da Prensa? Inflúen na distribución e comercialización de xornais?

    votos: 0, karma: 16
    escrito por xindilo hai 82 dias 18 horas 40 minutosxindilo
  2. #2   

    Pois non sei quen será a "Asociación de la prensa" e se ten poder ou non. O que si creo é que este feito contribúe cando menos a unha cousa. Desde que nunha vila costeira galega con turismo non penduran dun quiosque La Vanguardia, AVUI, GARA, Deia... o mito de que o único turismo posíbel, "al que tanto le debemos", é o dos "Fodechinchos" e "Gholines" chegados da meseta, gaña puntos entre a poboación.

    Desta forma perpetuase unha idea forza TURISMO = ESPAÑA = RIQUEZA.

    votos: 1, karma: 14
    escrito por Garrano hai 82 dias 18 horas 24 minutosGarrano
  3. #3   

    Ala! que curioso, agora non podo acceder a carta dende o enlace nin desde o sitio web de LVG. Se alguén é capaz, por favor, non é moi longa, coladea aquí nos comentarios para que a poidamos ler.

    votos: 0, karma: 8
    escrito por Garrano hai 82 dias 18 horas 14 minutosGarrano
  4. #4   

    Bon devía ser por ter o enlace e a páxina "en galego" veño de entrar na mesma en castelán e segue aí. Ei a tedes:

    Tristeza de un ciudadano catalán

    Autor del comentario:
    Dolores Barberá
    Localidad:
    Barcelona
    Fecha de publicacion:
    Jueves 28 de agosto de 2008

    Acabo de regresar de vacaciones de un lugar tranquilo, paradisíaco y que me gustaba ir -a pesar de las barbaridades en la construcción- con gente sencilla y amable, pero tengo que expresar mi tristeza ante algunos hechos que he podido constatar.

    En años anteriores, en ese mismo lugar habia podido adquirir "La Vanguardia", periodico que suelo leer, pero este año, -ya me ocurrió en Semana Santa, en el...

    » ver todo o comentario

    votos: 3, karma: 39
    escrito por Garrano hai 82 dias 18 horas 11 minutosGarrano
  5. #5   

    Si, hai cousas que non funcionan cando estas na versión en galego. É certo que aVoz recibe subvencións polo uso da língua galega? porque a única implementación que eu percivo cando navego polo seu sitio web, é o uso dún traductor automático. De seren así seria utro triste exemplo de situación diglósica, e neste caso concreto unha tomadura de pelo ó contribuínte.

    votos: 1, karma: 20
    escrito por xel hai 82 dias 16 horas 5 minutosxel

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]