Esclarecedor artigo de Carlos Aymerich, que denuncia a "clara intencionalidade política dunhas críticas centradas no BNG e dirixidas, sen dúbida, a desviar a atención da negativa do goberno español – secundado por IU – a permitir a volta da construción naval civil á ría de Ferrol" e a responsabilidade ou cumplicidade de PSOE e IU na ubicaçom da regasificadora.
Também aqui:
www.gznacion.com/web/notic.php?ide=2243
e
bng-galiza.org/servlet/ContentServer?pagename=R0
comentarios
e que carallo ten que ver a construcción civil de astano con reganosa?
E foi o bng (francisco rodriguez) quen solicitou ao goberno de "madrí" que ampliase a capacidade de regasificación de reganosa
Cada dia menos razons para votar polo BNG... cada dia mais razons para seguir co voto nulo
Cumpre ler o artigo antes de opinar.
#1 Por que nom dizes: "e foi o BNG o único que fizo alegações contra a ubicaçom de Reganosa no interior da Ria de Ferrol?". E que teria de mau ampliar a capacidade, optando por outra ubicaçom?
chuza.org/historia/bng-pede-duplicar-a-capacidade-de-reganosa/
Iso é o que pon no artigo. E non estamos a falar de "ampliar" estamos a falar de pechar isa planta e facela fora da ría
Pois o BNG tinha bem fácil evitar essas manobras escuras e essa má intençom do PSOE e a "sucursal de IU em Galiza": Com se ter posto de parte do sentido comum e a legalidade e com nom ter esnaquizado o BNG na comarca já estava.
Se o BNG se tivesse mantido na oposiçom a REGANOSA, IU nom lhe teria comido eleitorado e presença municipal.
Laiar-se de que o PSOE nom foi castigado e identificar isto cumha conspiraçom anti-BNG é mui cómodo pero ignora que as bases duns e doutros nom som as mesmas e nom reagem igual.
A UPG matou o BNG na comarca de Ferrol como já tem matado muitas outras organizaçons em toda Galiza. Isso si, por patriotismo.
certo, o bng en ferroterra está rip
E qual é a oposiçom de IU ou do PSOE a Reganosa? O Ministério competente, do PSOE, vai mudar a ubicaçom? A organizaçom estatal de IU tem algumha iniciativa de oposiçom, para além do seu oportunismo eleitoralista? Há que lembrar que as competências sobre Reganosa nom estám no ámbito municipal? É interessante que #1, #2, #4, #5 e #6 critiquem explicitamente unicamente ao BNG.
#7 Confeso-o, som um conspirador anti-BNG a soldo do CNI, a CIA e o Mossad.
Nom foi o BNG, por exemplo, quem apoiou cos seus votos a retirada do Concelho de Ferrol do contenciosso com REGANOSA?
Como se pode pretender fazer ver que isto é umha conspiraçom contra o BNG e que o BNG é apenas umha vítima, quando as desputas internas arredor deste tema acabárom por destruír ao BNG na comarca de Ferrol? (E se hai desputas é que, quando menos, hai duas posturas, nom é? Pois a que impujo foi da UPG/REGANOSA com excelentes resultados como se pode comprovar)
Os que agora falan pola pluma de Aymerich evidentemente prefiren afundir ao BNG a recoñecer os seus erros.
Comeza a campaña de denuncia consparanoica que evidencia a inexistencia da máis mínima intención de cambiar de posición no problema. O enemigo sempre, sempre está fóra. Que inutilidade e que falta de autocrítica. E de decencia.
É triste velos laiarse de por que a xente non castigou ao PSOE. Patético. Só hai unha razón: o BNG traicionou e segue a traicionar ao seu electorado.
Canto paga Tojeiro?
Quando as responsabilidades nom som principal nem exclussivamente dumha opçom política e se lhe exigem só a essa, pode ser por muitas razões, no caso do PSOE e IU sem dúvida por oportunismo eleitoral, mas pode haver outras razões, por exemplo por simpatizar com essa força política, e considerar que das demais nom pode vir a soluçom. Sem dúvida parte das críticas unicamente centradas no BNG vêm por aí, pois é claro que se fala do BNG como a única alternativa ou o nada. P. ex.: #2
#3 Nom, nom foi o único, tambem o barbas de IU no parlamento espanhol, perguntou no parlamento, uns e outros, som todos o mesmo, BNG, IU, PSOE, PP, ninguem se salva, se nom é em ferrol, é em pontevedra, se nom é em Madrí é em Compostela, todos, absolutamente todos os partidos políticos, buscam sacar rendimento político ou electoral nas suas acçons, ningum actua de forma coherente com suas ideias se isto lhe resta votos ou cartos nas suas arcas privadas.
Ah, e e esquecía esa leria hipócrita e noxenta de demonizar aos movementos sociais, dicindo que son instrumentados polo PSOE, cando o Bloque é o último que pode falar neses temas... En fin. Non tedes salvación posíbel. Turrades, turrades...
Chuzo non porque estea a favor do que de o opusino senón para que todos o vaian coñecendo.
Evidentemente Aymerich errou com este artigo: devia ter responsabilizado o BNG por ter ubicado a planta regasificadora no interior da Ria e nom botar balões fora, responsabilizando a quem nom tem e nunca tivo responsabilidades nisso (PSOE) e aos únicos que desde sempre estivérom contra a ubicaçom (IU no Congresso...). É o que os votantes do BNG esperam. Nom podemos permitir este engano e estas críticas injustificadas, hipócritas, conspiranóicas, indecentes e patéticas ao PSOE e a IU, que som a esperança dos votantes traídos polo BNG.
Tampouco deveu ter afirmado que "desde o BNG seguimos a pensar o mesmo: a ubicación idónea para a regasificadora DEBE SER o porto exterior". Imperdoável. Que mude já a sua postura, que ainda vai colher torcicolo.
Outeiro non veñas aqui a facer campaña a prol do bloque. confundironse no tema de reganosa, as razóns son inconfesables, os galegos e galegas de ferrol xa falaron e iso extendense e vai seguir medrando. Cas teorias de lenin non se vai a ningunha parte.
E que pensa o senhor Irisarri de todo isto???
#15 Nom me entendestes, eu estava fazendo campanha contra o BNG.
E que querer estar na rúa e nos despachos cada vez e máis complicado como pode ver o BNG, e o poder acaba corrompendo nalgunha medida a TODOS
Entom segum Aymerich, os ferroláns somos parvos, o que teriamos que fazer é votar BNG, e deixar a planta de gas onde está, essa é a alternativa, nom? Nom deberiamos de manifestarnos em contra da planta nem em contra dos grupos políticos que com a sua abstençom, decidirom nom fazer frente a REGANOSA pola via Judicial. A verdade é que (me repito) tod@s os partidos, tedes a culpa de algo, e o pior de todo é que quem sufre as vossas acçons, som os cidadáns, as pessoas, e no momento no que os cidadáns destapam umha das vossas mentiras, como o PP, sodes incapaces de reconhecer nem assumir a culpa de nada, porque sodes partidos políticos, partidarios dumha seita à que ha que defender por riba de todo e ante todo, dades pena, e isso que ha gente moi válida no BNG, igual que noutros partidos, pero isso sim, som válidos porque som, ante todo, pessoas.
Os nosos inimigos somos nós mesmos:
www.reganosa.com/web/index.php?idioma=ga0
Eu tenho unha conta aberta en Caixanova, outra no Banco Pastor e pagaba os meus impostos na Xunta de Galiza. E vós?
eu flipo... o BNG branco de todos tiros, como se fora o BNG o que decidira que se fixera aí. É absurdo. O BNG goberna a Xunta dende hai dous anos, e en Madrid, nunca tivo resposabilidades de goberno. Daquela por que se ataca ao BNG?. Ao final é que dá igual o que faga o BNG, sempre terá a culpa de todo: se a defende porque a defende, senón a defende porque non a defende.
Eu empezaría a preguntarme por que o PSOE está tan caladiño con esta cuestión, pois non di nin mu!!!
Decir que o BNG en Ferrolterra está caput, é ridículo. A baixada en Ferrol deberase a outros factures e non só a REGANOSA. Curiosamente, en Mugardos, que é onde está instalada a planta, o BNG subiu.
#21 Non fagas caso Imeneo, é que están todos a soldo da Mossad...
#22 Pero pagam umha puta merda.
#21 Talvez seja porque boa parte dos usuários de Chuza! somos simpatizantes ou votantes do BNG --ainda que seja por eliminaçom-- e sentimo-nos defraudados. Particularmente, o PSOE nom tem capacidade para me defraudar porque nunca esperei nada dele.
Já agora, ao Bloco nom lhe viria mal um pouco mais de auto-crítica e um pouco menos de mania persecutória.
Case que me atrevería a dicir que dende que as xentes de Ferrol empezaronse a mover en contra de REGANOSA, e disto xa fai 6 ou 7 anos, o BNG nunca lle mostrou o seu apoio, e agora seguen sin facelo. Eu quero creer que o BNG é o partido do povo, pero cousas como estas deixanme preocupado, e é posible que como algún apuntou aquí, o secuestro do BNG por parte da UPG, pode dar co BNG nun gran batacazo
e aos "ecoloxistas" tan preocupados por REGANOSA non lles viría malo escoitar tamén isto
odeo.com/audio/12883163/play
#20 Na relaçom de sócios de Reganosa falta o BNG, mas já aparece Tojeiro que é militante e paga quota extra, com bem di #9
Pero este e o mesmo Tojeiro co da drogha no colacao?
www.youtube.com/watch?v=xoa4m5KwobU
Mentiras Relacionadas:¨
www.xornal.com/article.php3?sid=20070608124504
#25 O BNG si que apoiou num primeiro momento, o que passou foi que a gente do BNG que nom queria a REGANOSA onde está, e manifestou a sua postura publicamente, levounos a ser expulsados ou ailhados do partido em Ferrol, e mesmo deixarom o seu carrego de representantes do BNG no Concellho, de feito no Comité Cidadán, nom só estam Carmelo e Pillado como indica Aymerich, tambem está Miguel (que creo que ainda é militante) e Alexandre, que som do BNG e nom renegam disso.
#24 Tou comtigo postscriptum, isso é o que penso eu tambem.
#21 Essa é a analise que fai o BNG, que antes de pensar que fixerom algo mal, e assumilo fazendo auto-crítica, prefirem pensar que os que se equivocarom forom as pessoas (para eles votantes) que nos enganamos ou deixamos enganar por pessoas que pensam que a planta é ilegal e perigosa. A postura do BNG, igual que o PSOE, é "Agora xa está ahí e nom se pode fazer nada para quitala", pero como se pode pensar isso? se é um perigo, se é ilegal, hai que quitala já.
#26 O Comitê de Emergência nom é nengumha organizaçom ecologista e nom é que tenha obsessom com REGANOSA e que é umha organizaçom de oposiçom a REGANOSA, por motivos ambientais, mas tamém de segurança.
O argumento do Urgorri é vomitivo: a ria está mui mal, hai muitas empresas que contaminam, o porto exterior fatal... entom claro, REGANOSA nom tem culpa de nada.
Atribui ao Comitê supostas afirmaçons de que REGANOSA está já a acabar co marisco na ria, e isto nom é certo, do que se fala é dos futuros impactos da toma de grandes quantidades de água, o seu arrefriamento e o seu verquido com restos de lixívia. Esquece o recheio sobre o que está construída a regasificado...
» ver todo o comentario
#26 Pagarom, pagarom, que o tipo este antes nom o tinha tam claro.
#29 O que di a tipa esta é terrible: "Desde Reganosa se reitera que el sistema de filtrado del agua que se realiza en las instalaciones, no dañará los ecosistemas marinos, sino al contrario. La responsable del laboratorio de la planta regasificadora, María Rey, firma que se devuelve el agua a la ría “más limpia” que cuando se toma de ella. Añade que además se retorna más fría, por lo que se ayuda a mejorar las condiciones, “cuando las aguas se calientan mueren las especies”, recuerda." esta tipa foi a mesma que na Tele dixo, dubitativa, isso de que plantas como REGANOSA, ajudam a aumentar o número de especies na ria (según los ultimos informes que me llegan), de risa.
#33 "El agua vuelve más limpia"... que alguem lhe explique algo de ecologia, porfaplis.
O estilo de Aymerich é incalificabel. Tentar defender a REGANOSA sinalando ao que fi IU en Asturies, a onde vai. E dicir que EU-Ferrol montou a campaña sobre a súa oposición a REGANOSA e vivir noutra galaxia. Que comecen por pedir disculpas aos compañeiros do bng que foron machacados por manter unha coerencia na oposición a REGANOSA. Que deixen de manipular e culpar á cidadanía. Que asuman responsabilidades. Que diga a unica verdade que queda por saber no tema: que lle deu Tojeiro, o do GADIS, á UPG para que unha organización de patriotas comunistas (Xa hai que estar pasados de olla) se converta na gran defensora do capitalismo autoctono.
(Off Topic)
En postaxes coma esta é cando se comeza a botar de menos o do karma dos comentaristas...
coherencias.f. Relación ou unión harmónica, sen contradiccións, dunhas cousas con outras.
Para os que tanto atancan ao BNG: cantos hai aquí que compren en Gadis ou teñen cartos en Caixa Galicia, Banco Pastor e Caixa Nova? seguro que moitos/as. A coherencia empeza nun mesmo e logo pode solicitárselle aos demais.
As empresas citadas suman o 38% do accionariado de REGANOSA. Se todos os que criticades (e deixastes de votar) ao BNG porque disque é o culpábel de que REGANOSA estea aí, sería bo, por coherencia, que deixedes de comprar en Gadis, e saquedes os cartiños de Caixa Galicia, Banco Pastor e Caixa Nova. Así se demostraría a vosa coherencia, ao tempo que sería unha boa medida para que estas empresas reconsideraran o traslado da planta.
A portavoz do Comite Cidadán, Montse Garel, é militante do BNG.Foi candidata do BNG nas listas das municipais de 2003.Renunciou a ocupar o posto de Luis Barcia (ex secretario de Xaime Bello e actual delegado da consellería de Industria)como concelleira en disconformidade coa IMPOSICION REGANOSA e en solidariedade con outros/as concelleiros/as do BNG dimitidos pola IMPOSICION REGANOSA.Na manifa do domingo había moitos militantes do BNG non só de Ferrol senón de toda a Ría incluído Mugardos.Outeiro es quen de explicar isto?
#38 Nom te preocupes, já nom merco em Gadis (tenho eroski no baixo da casa) e tampouco voto ao BNG. O de Caixa Galicia polo de agora nom tenho pensado, que é muito trámite
Home Fer!!, moito trámite?, quitar reganosa de aí, merece a pena mover uns papeliños non?. Eu por certo, non teño cartos en ningún deses bancos e tampouco compro en gadis.
#40 Pois agora resta que deixes de votar BNG
Machinho, ou utilizas para defender o BNG melhores argumentos que os que deitas aqui e no teu blog, ou promoves no BNG a reflexom e a autocrítica, que nunca estám de mais e nessa força política nom sobram.
Os partidos políticos tenhem ganhado a pulso o descrédito. E atitudes como estas, de fechar filas e defender por riba de todo sentido comum as posturas adoptadas, botando as culpas aos demais e escudando-se em supostas conspiraçons, ajudam a que cada vez deam mais nojo.
#40 e se algunha vez fuches invitado a comer/cear/meredar algo preparado con productos mercados en Gadis?, e se un amigo che paga unha copa con cartos saídos de Caixa Galicia? entón que?
#42 O problema é teu, por andar com colaboracionistas e incoerentes.
#42 Entom um pouco de Galiza (R) morre no teu coraçom. E perdes pontos de galeguidade, losabesbien.
odemo.blogaliza.org/2007/03/16/um-pouco-de-humor/
eu defendo o BNG, para atirar pedras contra o nosso pais já chegam todos os outros, eu posso criticar mas não deixo de apoiar o único partido que está a favor da autodeterminação. a competência da localização é do governo espanhol, caralho
#45 Moi bem por defederes um partido a favor da autodeterminaçom, pero falamos do BNG.
#23 a ti páganche menos que a todos nós porque es xudeu e traballas case de balde po-la causa
#45 autodeterminação? chegados ó comentario 45 xa non sabemos de que estamos a falar...
#47 As grelhadas na casa de Valadés co resto da conspiraçom judeo-masónica-espanholista pagam o resto da soldada.
REGANOSA é a escusa. Hai moita xente decepcionada cas politicas do bloque na xunta. E aproveitase calquer ocasión para desafogar. Isto non fixo mais que comezar. Agora estase cocendo o de Felipe Arias e o escandalo da mourela.
o de reganosa non ten pes nen cabeza. Non se pode construir unha pranta de gas dentro dunha ría e frente a cen mil habitantes. Iso non se fai nen no cuarto mundo.
O bng ten un servilismo con tojeiro. En as pontes fai e desfai e o bng di si buana
A nivel político non hai en ferrolterra quen diga nen lidere o non a isa pranta
Xa houbo casos similares de despropósitos na ría como o recheo de megasa ou o recheo do porto que tamén crearon cabreo social
E de pena, Aymerich me parescia um homem inteligente (escutei-no poucas vezes,e nom som muito mirada),mais com isto, realmente paresce que nom sabe do que fala, remexe como uma mosca intoxicada com insecticida.
"O BNG non vai permitir que Galiza perda o tren da transformación enerxética".jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja
E que pensa fazer? Beatificar a Tojeiro e a Fraga?
Há duas variabeis:
1:a gasificadora está nun lugar inapropriado
2:a regasificadora é necesaria para Galiza
¿cómo se despexa o problema?
por certo... Excusatio non petita, accusatio manifesta...
boa parte da enerxía que se está a producir na galiza é pra vendela fora. Se necesitamos enerxía que sexa eólica ou renovable e que xere cartos e riqueza na galiza
Dise nos mentideiros e faladoiros sen cancelas que tojeiro, o seu grupo con gadisa, está en creva técnica. Necesitan reganosa pra que non vaia ao tacho todo. Iso podería explicar a actual estratexia de: dallepradiante
Eu tamen escoitei algo. Nas Pontes mal vendeu unha empresa para facer caixa e frear as perdas que lle xeneraba..
non tiña pensando entrar máis neste de rosario de comentarios a respecto do artigo de Aymerich, pero hai unha cousa que si quero decir. Hai alguén que dixo, coido que Postcriptum, que non esperaba nada do PSOE. Home... está ben, pero así, a lo tonto, sin que ninguén lles esixa nada, están gobernando en todas partes. Pola contra, lendo este "foro" calquera diría que foi o BNG o que autorizou legalmente a instalación da planta de REGANOSA, que coido foi o PP, e non recibiu ningunha crítica ao respecto, cuestión esta que é bastante curiosa.
Calquera día tamén vamos a culpar ao BNG do burato da capa do ozono, porque desde o goberno non fai o suficiente para evitar o quentamento global.
Cansinos
actualmente (mal) goberna o psoe e madrí e santiago. Son polo tanto son eles quen deben parar a desfeita. O bng pideu en madrí que fose ampliada a planta de reganosa. Iso non llo pideu militante nen votante algún excepto un tal tojeiro e agora é un tal ameijeiras quen está a mandar aos madeiros mallar na xente e a unha xuiz quen manda ao caldeiro a un por dicir e facer o que máis pensamos
#55 O desgastamento da capa de ozónio nom tem nada a ver co aquecimento global, mas o BNG é um grande defensor de, por exemplo, ENDESA-As Pontes e as suas emisons de efeito invernadoiro.
O dito, que faga reflexom e autocrítica, e que mude as suas políticas, se quer recuperar votantes e mesmo militantes, neste caso na comarca de Ferrol.
SOLIDARIEDADE CON IMENEO

Sodes uns endogámicos e incoerentes
#58 sendo máis precisos é a cig quen defende o complexo contaminante as pontes o bng está máis por tojeiro en tódalas súas actividades...
#55 O BNG é tam responsável como o PSOE e o PP porque apoiou de forma explícita a instalaçom da Reganosa em Mugardos. Esta postura provocou um forte debate interno na comarca de Ferrol, que se resolveu com a demissom em agosto de 2004 dos concelheiros Sabio e Lastra, contrários à decisom maioritária.

Parece que lamentas que os votantes ou as bases do BNG nom sejam tam borregas como as do PSOE ou o PP. A mim, porém, é o único que me infunde certo optimismo.
Sendo máis precisos: o BNG das Pontes e a sección sindical da CIG de Endesa son practicamente a mesma cousa.E se poñemos isto en relación co peso que o BNG das Pontes ten na comarca de Ferrolterra poderemos iniciar a resposta á pregunta que ultimamente se fai Calidonia.
que peso ten o bng de as pontes en ferrolterra?
Toda as pontes é o complexo de endesa en política condiciona as pontes
Tojeiro ten intereses en máis lugares que as pontes. En betanzos con gadisa, en san sadurniño con intasa en mugardos ca planta forestal.
Por que alguén alleo ao sector enerxético pode facer unha planta de gas?
Pois está claro : só lle falta Betanzos.Segunda pregunta: porque maniobrou con maña na guerra entre compañías enerxéticas e bancarias após a liberalización do sector xestionada polo goberno Aznar no momento no que dependía de Pujol.Un mínimo principio de planificación do sector foi substituído polo de libre concurrencia co que se iniciou unha tensión entre capitais asociado a tensións territoriais. Evidentemente navegou moi ben entre o feito obxectivo de que Galicia podería quedarse sen planta de gas (estabamos na era Fraga) e os seu intereses particulares de arrimar unha planta de gas a Forestal del Atlántico e así , entre outras cousas, poder negociar unha futura renovación da súa concesión, conseguir un polígono industrial privado con infrestructuras de acceso pagadas por todos e que hoxe os terreos onde se asenta a planta de gas constitúan o 40% do valor patrimonial de Reganosa.
certo. Forestal fíxose a base de recheos de dubidosa legalidade. Cando enagas abandoou o proxecto de planta de gas pra o que xa tiña terreos, os actuais do porto exterior de ferrol. Tojeiro por iniciativa propria a con apoio de fragagá comezou a construir a pranta de gas en mugardos. Non había planeamento nen de que facer co gas. Non había gaseoducto pra sacalo de alí nen a quen vendelo. El tirou pra diante e ata hoxe