www.roughlydrafted.com/2008/09/19/microsofts-im-a-...
enviado por maceirax hai 545 dias 12 horas 29 minutos, publicado hai 545 dias 5 horas 41 minutos
A comunidade descubriu que cando menos parte da nova campaña de Microsoft na célebre batalla "Son un PC/Son un Mac" contra Apple foi elaborada co software da marca da mazá. A piada acadou tanta transcendencia que a compañía, vendo ameazada a súa credibilidade, apurou a aclarar que é normal o emprego dos dous sistemas nas campañas publicitarias. Para rizar o rizo, malia que os anuncios promocionaban as supostas capacidades creativas do software MS Expression Studio, tamén utilizaron o Creative Suite 3 de Adobe para realizalos.
comentarios
lol
Iso pasa por empeñarse en gastar millóns de dólares en publicidade sen necesitalo en absoluto. Ridículos!
Ai que joderse! So lles faltou usar Linux para rizar máis o rizo. Si é que Windows e Microsoft é o que teñen, que non se fía deles nin a nai (neste caso, o pai) que os pariu.