news.bbc.co.uk/2/hi/south_asia/7161590.stm
enviado por orsinia hai 236 dias 18 horas 40 minutos, publicado hai 236 dias 16 horas 52 minutos
A exprimeira ministra paquistaní acaba de falecer nun atentado que deixou alomenos outros 15 mortos. Foi durante un mitin na cidade de Rawalpindi, dentro da campaña electoral para as eleccións lexislativas do 8 de xaneiro, para as que Butto era candidata polo PPP (Pakistan People's Party).
comentarios
Outra martire da liberdade morta
Boa viaxe Benazir e grazas pola túa loita!
#1 Igual é gabar de máis a esa persóa...
(non pretendo enzoufa-lo seu nome máis eu sería mais prudente nas louvanzas)
Nunca comprenderei o que a levou a suicidarse porque cando voltou a sua terra sabía que tiña as horas contadas con tanto fanático como alí hai.
#2 ¿Achas? Será segundo a tua opinión.
É unha vitoria esmagadora do islamismo. E non era unha santa, pero era con moita diferencia a mellor opción para acadar un Paquistán razoablemente laico e moderno. Non, era a única. Agora, o seu partido desmoronarase coma un castelo de naipes, consumido coma está por tensións internas. É unha nova terrible.
Atopei este vídeo sobre os momentos posteriores ao atentado: www.soitu.es/soitu/2007/12/27/infovideos/1198766911_562316.html
#4 Manda nabo, considerar "razoavelmente laico e moderno" um governo-títere dos EUA posto para legitimar o regime militar de Musharraf.
#5 Non entendo o teu comentario. O goberno-títere é, coma ti dis, o de Musharraf, o que está agora.
Umha magoa a sua morte, mas... considerar que Bhutto era algo bom para o futuro do Pakistam... Falamos da mesma Bhutto chimpada do pais por malversar um dia sim e outro também?
#6 O regresso de Bhutto a Paquistám coincide precisamente com a degradaçom das relaçons entre Bush e Musharraf. Este último levava tempo atrapado entre a força ds seus opositores islamistas e as exigências do seu aliado americano. Por isso aceitou nom só umha componenda com a sua "inimiga" ocidentalizada (que nem sequer tinha as simpatias do PPP), senom também a renúncia ao uniforme de chefe dos exércitos. Porém, umha vez morta Bhutto (algo que estava cantado), Musharraf converte-se no único garante de que Paquistám siga a ser um "país amigo" dos EUA. Por enquanto, já decretou um estado de excepçom, o próximo será a lei marcial.
#8 Non falo do Goberno atual (na análise do cal concordo co teu comentario), senón o eventual que podería saír das elecións. Bhutto era unha presenza incómoda, na medida en que distorsionaba un ambiente moi polarizado. Con ela, estas elecións podían abrir unha "terceira vía" moi necesaria. Qué opinas?
O problema é que Bhutto nom era "terceira via", senom que representava a continuidade de Musharraf, com um rosto mais amável, ou polo menos mais "vendível" para o mundo ocidental. No seu país estava totalmente desacreditada.
relacionada: www.guerraeterna.com/archives/2007/12/detengan_a_los.html