www.ciberirmandade.org/sitio2007/content/view/388/1/
enviado por Cleoninha hai 584 dias 23 horas 41 minutos, publicado hai 584 dias 15 horas 18 minutos
Unha traballadora de Atento en A Coruña viu denegada unha solicitude de excedencia por estar redactada en galego. Cando as delegadas da CIG se puxeron en contacto coa responsable do servizo esta indicoulles que seguía instrucións do departamento de RRHH de Madrid. Posteriormente a traballadora afectada reiterou a súa solicitude, desta volta en español, sendo concedida a excedencia en dous días.
comentarios
Estou mirando de atopar outras fontes ademais da CIG..
www.trabajobasura.com/atento
en fin, o outro dia contoume unha compañeira do traballo que nun colexio de monxas no Grove aos rapaces tamén lles reprenden por falar en galego...a un Bos dias as monxas respóndelle cun Se dice buenos diassss...
en fin.
#3 Deus é galegofalante e toma nota destas cousas... Terminarão no inferno.
Unha vergoña o de Atento. Aínda bo é que o centro de RRHH non está en Tokio.
Por certo, sobre o comentario #3. Se tes información sobre un colexio concreto, coido que deberías denuncialo onde sexa: na Mesa, na Ciberirmandade, ou aquí mesmo. Se pasa algo así nun colexio na actualidade non se pode tolerar. Non chega con dicir nun foro que sabes que pasa.