obazardenes.blogaliza.org/un-plan-industrial-ou-que-significa-ser-peri...
enviado por Calidonia hai 1075 dias 20 horas 43 minutos, publicado hai 1075 dias 11 horas 21 minutos
O blogomillo está dando mostras de vivacidade, crítica e pluralidade no asunto do proxecto de Barreras para retomar a construción naval civil para ASTANO (Navantia Fene). Opinións nos blogues: A Bitácora do Nordés, BNG de Betanzos Fene Mugardos Neda e Sober, Caixa do Mendinho, Calidonia, Cara ao vento, Cousas de Imeneo, Diário dum Suevo, Eva Lema, Galego de seu, Galicia Confidencial, Galpón de Breogán, Iván Puentes, Lantania, Moendo do revés, O Bazar de Nes, O Tangaranho Vermelho, Si home si, Sombrinhabetanzos, Xúlio de Mácara e Zero Vacas. E en Chuza!, claro.
comentarios
A lista de blogues está tirada das seguintes buscas en Technorati:
www.technorati.com/search/ASTANO
www.technorati.com/search/fene
Astano... debate nacional!!!
Como enxeñeiro comprometido co País sempre defenderei que á terra se lle saque a máxima productividade. O que está a facer a SEPI é o de "el perro del hortelano". Non queremos emigrar, queremos traballar aquí!
A verdade é que non se entende. O Goberno español vendeunos ante Bruxelas para solventar un problema de curto prazo que era grave especialmente para os asteleiros andaluces (non hai máis que ver a cobertura mediática das protestas en Cádiz e comparala coa que se lles deu os asteleiros galegos).
E por riba da incompetencia e da hipocresía do goberno, atopamos que nin a Xunta ten capacidade de acción nin ós deputados españois lle dan a máis mínima importancia a esta problemática, máis aínda, desprezan a un representante do pobo nun tema desta importancia.
Como sempre, Madriz 1 - Galiza 0. Se o problema acontecese en Catalunya moi distinto habería ser todo, iso podédelo te...
» ver todo o comentario
Boas! Eu tamén defendo o sector público, pero, se non hai outra cousa, terei que apoiar o privado, sempre que cree postos de traballo "estables". Se non... ¿Qué carallo fan en Cádiz manifestándose TODOS os sindicatos por unha empresa privada que queren pechar?
Un saúdo