www.vieiros.com/nova/59223/as-fundacions-sanitarias-creadas-polo-ppdeg...
enviado por Kandpalleiro hai 964 dias 3 horas 57 minutos
A conselleira escenificou un motivo económico para o cumprimento dun punto programático do acordo que sustenta ó goberno. Esqueceu mencionar que a débeda de calquer outro centro sanitario público é igual ou superior (en €/cama) pero que quedan 'enxugadas' directamente nos presupostos da comunidade. Esqueceu tamén mencionar que o mesmo modelo se ven a desenrolar en andalucía (gobernada polo P$o€) baixo a etiqueta de "empresa pública" e co mesmo problema de desequilibrio financieiro.
comentarios
E logo ¿cal é o problema de que a sanidade PÚBLICA sexa financiada con cargo os presupostos da comunidade? ¿Tiveches que "sufrir" algunha vez unha fundación sanitaria? Eu aplaudo o fin das fundacións para garantir unha sanidade pública nas mesmas condicións para todos os galegos
#1 Ben; coido que non me entendes... 1º Traballei os primeiros 5 anos na Fundación Hospital Verín, nun intre no que semellaba que por traballar alí eras unha especie de monstro enchufado (dende fora) ou de escravo servicial (dende dentro); tivemos que loitar persoalmente polos nosos dereitos laborais BASICOS (días por defunción dun pai, pago por nocturnidade...) porque os 'representantes dos traballadores' tiveron bloqueado durante un tempo a formación dun comité de empresa que logo se fixo e conqueriu un primer convenio colectivo -xa en 1998-.
Na miña opinión o funcionamento da sanidade pública só se pode mellorar contando cos traballadores e motivando o seu compromiso coa aten...
» ver todo o comentario