As amizades imperialistas no BNG

Entre os partidarios da expulsión do BNG de Pedro Gómez Valadés, pola súa condición de membro de Asociación de Amizade con Israel, que atentaría co carácter "antiimperialista" e de apoio á causa palestina do Bloque, atópase a deputada en Madrid Olaia Fernández Davila que está no Grupo de Amizade do Parlamento Español co de Rusia (Duma), a pesar da guerra imperialista dese Estado en Chechenia. Historia relacionada (entre outras) chuza.org/historia/upg-tenta-expulsar-membro-do-bng-por-pertencer-a-as/
20 comentariosen política
tags: bng, bloque, israel, rusia, imperialismo karma: 237.00
votos negativos 3, votos de usuarios: 28, votos anónimos: 11

comentarios

  1. #1   

    É Davila, non Dávila.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Modesto hai 1070 dias 15 horas 21 minutosModesto
  2. #2   

    Mourullo, nom sabes que é o BNG quem paga chuza? Onde estavas durante o nosso Congresso pola dominaçom mediática da web 2.0 galega?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 1070 dias 15 horas 20 minutosFer
  3. #3   

    #1 Arranxado. En que ou quen estaría pensando eu :-P www.esferalibros.com/autores/autordetalle.html?autorID=143

    #2 Mafioso, go fedello... que diría o clásico xD

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 1070 dias 15 horas 12 minutosmourullo
  4. #4   

    vai chorrada de chuzada!!!!. xa son ganas de buscarlle os tres pés ao gato!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por imeneo hai 1070 dias 14 horas 52 minutosimeneo
  5. #5   

    Pola contra, imeneo, o seu comentario noutra chuzada paréceme tremendamente interesante chuza.org/historia/o-dirixente-proisraeli-que-quere-expulsar-o-bng-rec8

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mourullo hai 1070 dias 14 horas 43 minutosmourullo
  6. #6   

    Se nos poñemos en serio a facer limpeza case habería que dar de baixa á UPG en bloque, de Rodríguez para abaixo. Así que mellor que non se poñan parvos. Se Israel é malo, os países que lles gustan a esta xente non incitan precisamente ó turismo.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Julicheiro hai 1070 dias 13 horas 48 minutosJulicheiro
  7. #7   

    Saúdos julicheiro, pero para ver os teus modales democráticos só temos que acudir ó teu excelente blog. julicheiro.blogspot.com/2007/03/o-triunfo-dos-porcos.html

    Un visita institucional á duma ou ao parlamento israelí, non sabía que era apoiar a masacre da guerra de chechenia. Desculpar a actuación israelí en Shabra e Shatila xa é pasar todas as liñas.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por apana hai 1070 dias 12 horas 37 minutosapana
  8. #8   

    concordo con "apana".
    E pego a continuación a miña reflexión sobre este tema que fixen hai alá polo mes de decembro...
    cousasdeimeneo.blogspot.com/2006/12/esta-alternativa.html

    votos: 0, karma: 0
    escrito por imeneo hai 1070 dias 12 horas 28 minutosimeneo
  9. #9   

    #7 eu penso que o comentario de Julicheiro sobre "os porcos" é umha cita a Orwell.
    Ainda que suponho que ser leitor de Orwell tampouco debe de ser cousa boa para estar dentro do BNG, ou nom?

    votos: 0, karma: 0
    escrito por WSobchak hai 1070 dias 12 horas 15 minutosWSobchak
  10. #10   

    #9 e que che dixo que julicheiro ou eu estamos no BNG

    votos: 0, karma: 0
    escrito por apana hai 1070 dias 12 horas 12 minutosapana
  11. #11   

    Como diria o grande andressolo:
    Imperialissssstassssss

    De verdade, sodes como nenos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 1070 dias 12 horas 9 minutosFer
  12. #12   

    Ferrest a sección de adultos está baixando a dereita, decataraste polo farol vermello na porta.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por apana hai 1070 dias 12 horas 7 minutosapana
  13. #13   

    Em que se diferencia um nazi de direitas e um nazi de esquerdas...?

    O nazi de direitas nom tem que agachar a cruz gamada.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por malpocado hai 1070 dias 12 horas 6 minutosmalpocado
  14. #14   

    #12 Obrigado apana, vemonos lá quando tenhas anos :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Fer hai 1070 dias 12 horas 3 minutosFer
  15. #15   

    #9 Efectivamente, coma ben sinala WSobchak, o dos porcos vai pola célebre cita de Orwell, á que xa aludira no post que escibira o día anterior:

    julicheiro.blogspot.com/2007/03/pintan-bastos.html (ó final)

    E sí, estou dentro do BNG. Saúdos.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Julicheiro hai 1070 dias 11 horas 52 minutosJulicheiro
  16. #16   

    Saúdos do pobo palestino que te está a adorar.

    www.thecleverest.com/countdown.swf

    votos: 0, karma: 0
    escrito por apana hai 1070 dias 11 horas 38 minutosapana
  17. #17   

    Defender Xabra e Xatila? Quen? [[citation needed]]

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Cesare hai 1070 dias 8 horas 49 minutosCesare
  18. votos: 0, karma: 0
    escrito por apana hai 1069 dias 20 horas 55 minutosapana
  19. #19   

    Mirade mirade, o novo xoguete da pacificador de israel (sionista, israel, uff!!!!!, un xa non sabe como tratar nen sustantivar...); e capaz de tirar 1500 kilos de comida sobre unha poboación esfameada...
    Disque a primeira misisón é darlle de comer á poboación de Irán, que ten un governo tan malo que non alimenta aos seus; pero xa a pacificadora israel vai trocar esa situación.

    www.lavozdegalicia.es/inicio/noticia.jsp?CAT=1266

    votos: 0, karma: 0
    escrito por rufus hai 1069 dias 19 horas 43 minutosrufus
  20. #20   

    #18 Sobre Sabra, Xatila, e a visión sesgada contra Israel:

    galiza-israel.blogspot.com/2006/10/que-sabe-vostede-de-sabra-e-shatilal

    Unha nota: segundo a Wikipedia, foron 200 soldados cristianos falanxistas os que se internaron nos campamentos de refuxiados palestinos, e segundo Perednik só eran 100. Posto que a Wikipedia apunta a orixe dos datos (o Informe da Comisión Kahan), tomo coma válida a cifra que alí se aporta.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Julicheiro hai 1069 dias 18 horas 47 minutosJulicheiro

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]