Creado o blog de
abrazosgratis.org para Galiza. É un primeiro paso de tentar centralizar a información do que deste movemento xurda na Galiza. Como xa saberedes, de momento hai unha convocatoria en Coruña este sábado 27 de xaneiro ás 19h no Obelisco. Tan só queda acudir e participar do movemento, así como facer convocatorias noutras partes do país.
comentarios
Uma aperta valora-se porque se da a alguem com quem partilhas algo mais que combinar debaixo dum monumento. A aperta indiscriminada nom me aporta nada.
Oks, gracias pola túa opinión. Nembargante moit@s pensamos que moitas veces estamos marcados pola acción de descoñecidos que xenerosamente aportaron algo á nosa vida sen nos pedilo, claro que unha persoa descoñecida en principio pode aportarnos algo cunha aperta, cun xesto, con algunha atención.
Ademáis non todo o mundo dispón en todo momento de amig@s cos que abrazarse, ou quizais ten xa uns hábitos e non se atreve a facer ese achegamento físico e lle resulta máis fácil cun "descoñecido".
A acción non consiste só en apertas colectivas entre tod@s, senón en ofrecer sinceiras apertas a persoas que estén pola rúa, que se digan ¿porqué non?
Por outro lado ¿porqué...
» ver todo o comentario