Anxo Quintana: “Os meus nenos son bilingües. E eu, encantado”

Anxo Quintana: “Os meus nenos son bilingües. E eu, encantado”
 
Anxo Quintana, afirmou onte que é "totalmente imposible" en Galicia "que un neno ou unha nena nazan e crezan sen aprender o castelán. Replicoulle así ao candidato do Partido Popular (PP), Mariano Rajoy, e a súa proposta lingüística, segundo a cal se garantirá por lei o ensino de español e se procurará que, no prazo de dez anos, España sexa un país bilingüe castelán-inglés.
5 comentariosen política
tags: quintana, bilingües, galego, castelán karma: 242.00
votos de usuarios: 43, votos anónimos: 21

comentarios

  1. votos: 2, karma: 43
    escrito por CANARIODOPENEDO hai 345 dias 12 horas 26 minutosCANARIODOPENEDO
  2. #2   

    A Rajoy o que lle pasa, é que non fala ben galego e claro, síntese vergoñado de autoproclamarse galego, cando non sabe falalo.

    votos: 1, karma: 18
    escrito por andresrguez hai 345 dias 11 horas 46 minutosandresrguez
  3. #3   

    Estivo oito no governo e ben pudo facer algo o Sr. Rajoy para que os estudantes foran bilíngües, porque que se saiba non se fixo nada neses oito anos de governo popular en Madrid nin nos vinte anos do PP na Xunta nese camiño. ¿Acaso a política educativa da Xunta de Fraga fixo algo para que os nenos aprenderan idiomas?

    votos: 0, karma: 6
    escrito por PomponioMelo hai 344 dias 20 horas 52 minutosPomponioMelo
  4. #4   

    Esa afirmación de Quin " totalmente imposible" en Galicia "que un neno ou unha nena nazan e crezan sen aprender o castelán" utilízana moitos mestres cando apostan por un ensino en galego.Para o bombardeo de información e medios en castelán sempre hai tempo

    Por certo, onte pedíronme que asinara por un ensino en castelán.. recaudación de sinaturas... hai xente que da medo. No meu centro, hai anticipación do francés e non pasa nada... cantos máis idiomas mellor..

    votos: 1, karma: 12
    escrito por moraima hai 344 dias 17 horas 50 minutosmoraima
  5. #5   

    #4 É mais eu, de feito, non coñezo a ninguén monolingüe exclusivo en galego na Galiza. Ate os meus velliños avós, vivindo nunha isolada aldea luguesa sen ensino oficial, entenden sen grandes problemas o castelán da TVE e poden manter unha conversa en castelán con algunhas grallas non maiores dos "la pega fuerte" de Míchel, "estamos cansaus" de Zaplana ou o míticos "Ehpaña / Madrih" de Bono. É que, como me dixo nunha frase lapidaria un bo aínda que algo pepeiro colega de Murcia: "to-lo-apañole-debíamo-dablá-sólo-apañó".

    votos: 0, karma: 6
    escrito por mendinho hai 344 dias 15 horas 25 minutosmendinho

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]