www.lavozdegalicia.es/mundo/2008/10/16/0003_7228139.htm
enviado por doceasubio hai 34 dias 23 horas 44 minutos, publicado hai 34 dias 19 horas 41 minutos
O xornal The Washington Post atrévese á fin a denunciar o que todos sabiamos, a falta de garantías legais para os presos catalogados como terroristas nos USA ou nos diferentes "paraisos legais", onde esta etiqueta semella a que o III Reich concedía aos xudeus. O director da C.I.A esixiu nestas datas (segundo o xornal) a Bush que asinase os permisos para mergullar aos presos na auga até que confesaran a súa maldade, e Condolleza foi testemuña e polo tanto complice do feito.
comentarios
Onde está a nova? chuza.org/historia/cia-admite-ter-usado-a-tortura-com-suspeitos-de-ter/
E se o di o Washington Post haberá que ligalo, digo eu... non poñer a LVG como fonte
A nova está en que un xornal da importancia que ten o W.P afirma ter probas e publica a condea pública contra o presidente e a LVG está en Galego non en "norteamericanés" e sempre máis preto de min, que lle concedo o beneficio de saber transcribir novas. Non penso que sexa o mesmo a condea por partes interesadas que por suxeitos do sistema nin que o admita a C.I.A como ente a que se afirme ter a sinatura do presidente e a complicidade da vicepresidenta como testemuña, xa que agora empeza a escurecerse o futuro destes duas persoas e con el o de Mc´Cain por alusións, o que pode facer de esta nova o golpe mortal a campaña republicana.