AGESTIC apoia a Mancomun.org e a Micro$oft

 
AGESTIC (Asociación Gallega de Empresas de Tecnología de la Información y Comunicación) é quen de facer o imposible: defender á vez o aberto e mailo pechado. Na sección de Sw Libre, onde amosa logos de Mancomun.org, Traducíndote... deixa unha ligazón a un documento de apoio ao formato OOXML de Micro$oft, algo polo que a comunidade de sw libre segue a loitar para que non sexa realidade ao haber xa o ODF de OpenOffice.org estandar da ISO.
3 comentariosen denuncia
tags: mancomun.org, micorsoft, software libre
votos de usuarios: 20, votos anónimos: 17

comentarios

  1. #1   

    menos mal que ves chuzar novas de AGNIX :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por ascarida hai 673 dias 20 horas 42 minutosascarida
  2. #2   

    #1 Menos mal que non a publiquei eu en AGNIX, porque senón penalizaríasme cun autobombo verdade? :-D

    votos: 0, karma: 0
    escrito por brenlla hai 673 dias 20 horas 33 minutosbrenlla
  3. #3   

    O lado escuro esta moi contento con esta xente, pois a súa ignorancia fainos victimas idoneas para ser o que son -peleles,monicreques- do gran imperio de Spectra. Esta xente pertence a unha dexeneración do mundo das TIC denominados polo 'Maligno' como Técnicolees, seres que apesar de ser completamente nulos para o uso, explicación ou entendemento das novas tecnoloxías fan alarde dos seus coñecementos, e mostranlle ao resto do mundo o ''camiño a seguir''.

    O máis desconcertante de todo e que existan outros seres que sexan capaces de unirse a estes técnicoless, formando así unha lexión que ata a mesmisima estrela da morte treme o pensar en dita conxetura; o pequeno Yoda nas suas levitacións filosóficas trata de comprender tal acontecemento, e pon en marcha a súa sabeduría para que os ipnotizados rompan o maleficio e volten -o lado do ben-.

    Que a oscuridade vos acompañe!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Dark_TuxVader hai 673 dias 17 horas 41 minutosDark_TuxVader

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]