Afunde unha rúa de Bertamiráns e provoca unha fuga de gas

 
Unha rúa céntrica de Bertamiráns (Ames) esfondou por culpa das obras lindeiras dunha nova mazá residencial e comercial, levando consigo a beirarrúa e as canalizacions subterráneas, entre elas a de gas natural. Isto aconteceu pola noite e só unha muller que acordou de madrugada para atender a un bebé foi quen de cheirar o gas e dar conta da desfeita. Os veciños pregúntanse que podería ter ocorrido e denuncian a falta de control sobre as obras nun concello que é dos que máis constrúen en Galiza.
18 comentariosen denuncia
tags: concello, licenza, obra, vixilancia, control karma: 253.00
votos de usuarios: 24, votos anónimos: 4

comentarios

  1. #1   

    Aaah! Chuzei un video da Galega! :-P

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 120 dias 19 horas 34 minutosifrit
  2. #2   

    Para quen teña problemas de visualización (nun reprodutor calquera)
    mms://media2.crtvg.es/informativos_f/0018/0018_20080326.wmv

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 120 dias 19 horas 32 minutoschimpin
  3. #3   

    #2 Num reprodutor qualquer... que aceite Windows Media Video :-D

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 120 dias 18 horas 14 minutosgerardinho2000
  4. #4   

    pero hai algun reproductor máis que o VLC? pensei que desistira o resto :-D

    votos: 1, karma: 30
    escrito por berto hai 120 dias 18 horas 12 minutosberto
  5. #5   

    #3 Iso .e cosa dos codecs, non do reprodutor. :-D
    #4 [baixiño] Eu cando andaba en güindous preferia o Gom Player, non libre pero gratuito. Para linux non hai. Non sei para maqueiros frikis deses :-D [/baixiño]

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 120 dias 17 horas 48 minutoschimpin
  6. #6   

    Non constrúen un centro comercial. Senón vivendas e baixos comerciales.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por saitam hai 120 dias 17 horas 43 minutossaitam
  7. #7   

    Aproveitando que falades de bertamiráns, querovos convidar a que pasedes pola cervexería New York, encantaravos o servicio e os bos pinchos que dan. Eu estiven esta semana santa ceando e agora recomendolla a todo o mundo. Polo que sei a xerencia é nova.

    votos: 3, karma: 32
    escrito por saitam hai 120 dias 17 horas 39 minutossaitam
  8. #8   

    #7 Será polo cambio de xeréncia, porque até o de agora...

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 120 dias 17 horas 38 minutoschimpin
  9. #9   

    #7 boísimo!! xD xD xD

    votos: 1, karma: 31
    escrito por alema hai 120 dias 17 horas 37 minutosalema
  10. #10   

    Estivo cerrada uns meses e agora rexentanna uns mozos os que se lles ve boas maneiras. Moi boa comida, animate chimpin

    votos: 0, karma: 6
    escrito por saitam hai 120 dias 17 horas 35 minutossaitam
  11. #11   

    #5 Non tódolos codecs son libres ;) Por defecto a maioría das distribucións basadas en Linux veñen sen códecs propietarios e de arranque non podes ler mp3, mov, wma e demáis estándares propietarios... Usar programas libres e poñerlles códecs propietarios ten o seu aquel de incoherencia :-)

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 120 dias 17 horas 33 minutosifrit
  12. #12   

    saitam, faltouche facer coma Paula Vazquez, desculparte antes da publicidade, perdon antes do off topic :-D

    votos: 1, karma: 31
    escrito por Ghanito hai 120 dias 17 horas 32 minutosGhanito
  13. #13   

    #5 vlc é máis multiplataforma que o supermario e debian sarge xuntos

    votos: 0, karma: 14
    escrito por berto hai 120 dias 17 horas 31 minutosberto
  14. #14   

    #11, #13 Canta razón... Ainda lle instalei os codecs do mp3 o outro dia. Eu é o que utilizo :-D

    votos: 0, karma: 15
    escrito por chimpin hai 120 dias 17 horas 26 minutoschimpin
  15. #15   

    #6 Editada.

    Para Firefox en Windows pódese usar wmpfirefoxplugin.exe (aparece procurando en Google)

    votos: 0, karma: 18
    escrito por Calidonia hai 120 dias 16 horas 48 minutosCalidonia
  16. #16   

    #13 Muito bom, eu sempre o levo no pendrive.

    votos: 0, karma: 17
    escrito por gerardinho2000 hai 120 dias 13 horas 57 minutosgerardinho2000
  17. #17   

    Lei da TVG: cada vez que se chuza um vídeo da TVG, a probabilidade de rematar numha discussóm de formatos propietários (e louvanzas ao VLC) tende a 1 :-)

    votos: 0, karma: 8
    escrito por EMF hai 120 dias 11 horas 4 minutosEMF
  18. #18   

    #17 Un pouco collida polos pelos... segue intentándoo ;)

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 120 dias 11 horas 1 minutoifrit

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]