ADEGA incrementa os seus ingressos com o BNG

 
Após o escándalo FEGAMA, El País informa agora do incremento de ingressos de ADEGA coa chegada do BNG à Junta de Galiza. Se em 2005 (com Fraga) ADEGA ingressou 168.000 €, em 2007 a quantidade era de 416.000 €. Umha parte significativa destes ingressos (120.000 €) provém de convénios sem publicidade asignados por Conselharias e entes paralelos geridos polo BNG na Junta. Nesta informaçom nom se recolhem dados de ingressos desde Concelhos e Deputaçons.
19 comentariosen denuncia
tags: adega, bng, financiamento karma: 237.63
votos de usuarios: 37, votos anónimos: 23

comentarios

  1. #1   

    El País en campaña electoral

    votos: 3, karma: -11
    escrito por crceg19 hai 52 dias 23 horas 4 minutoscrceg19
  2. votos: 0, karma: 11
    escrito por signatus hai 52 dias 23 horassignatus
  3. #3   

    Está bem dar a outra visão. Se criticamos os chanchulheios do PSOE, devemos fazer o mesmo com os do BNG. Do contrário, somos uns putos hipócritas e uns fodidos sectários.

    votos: 5, karma: 54
    escrito por gerardinho2000 hai 52 dias 20 horas 19 minutosgerardinho2000
  4. #4   

    #3 O BNG subvenciona a unha asociación ecoloxista afín, que xa existía antes de que o BNG gobernase na Xunta, que é a asociación con maior número de socios, que demostra nas súas actividades unha "defensa ecolóxica de Galiza" e non se vende por esas subvencións adega.info/index.php?option=com_content2
    Con todo para dar subvencións tiña que haber unhas regras claras(non feitas a medida dalgúns) co seu respectivo concurso. Onde menos me gusta as subvencións, creo que é onde máis hai, nos medios de comunicación non tiña que haber nengunha. Por empregar o galego(namentre non se normalice), tantas páxinas, tantos lectores, tantos euros.

    A ban...

    » ver todo o comentario

    votos: 4, karma: 5
    escrito por colazo hai 52 dias 17 horas 29 minutoscolazo
  5. #5   

    #4 Uma cousa são as subvenções e outras os convénios discrecionais (claro que nesta Junta e na anterior, a diferença entre ambos conceitos pode ser nula). É certo que ADEGA é a mais representativa e activa, e que a outra mencionada é um fantasma (ao menos por agora). Seguiremos informando(-nos).

    votos: 2, karma: 30
    escrito por gerardinho2000 hai 52 dias 17 horas 14 minutosgerardinho2000
  6. #6   

    #5 Nom sei eu se isso da mais representativa (a menos que seja do ambientalismo fiel ao BNG) e activa (noutros tempos?) será certo. Na minha opiniom nom é umha organizaçom independente e é afortalada polo BNG desde as instituiçons com dinheiro público mas sem convocatória pública. A FEGAMA pode-se converter tranquilamente no ambientalismo fiel ao PSOE, estarám daquela justificadas subvençons e convénios como os que acaba de levar a FEGAMA ou leva ADEGA?

    votos: 3, karma: 34
    escrito por signatus hai 52 dias 17 horas 8 minutossignatus
  7. #7   

    #6 por min como se é afín ao PP se se calzan as catiuscas e van limpar os ríos, van a vixiar aos montes, sementar... denuncian agresións ao medio ambiente, dan charlas de compostaxe, agroecoloxía, sustentabilidade... organizan grupos de voluntarios, e todo sen cobrar un peso

    e do PP lembro a Feijóo apretando co dediño a mangueira para que saíran dous chorriños

    votos: 1, karma: 19
    escrito por colazo hai 52 dias 16 horas 44 minutoscolazo
  8. #8   

    #7 E todo sem que? Colazo, sabes quanta gente tem contratada ADEGA? Poderias levar umha surpresinha.

    Se nom o sabes, nem o orçamento que manejam, nem de onde procedem os seus fundos... a culpa tampouco é tua: ADEGA nom fai memórias anuais públicas, nom é transparente, nem muito menos.

    votos: 4, karma: 26
    escrito por signatus hai 52 dias 16 horas 39 minutossignatus
  9. #9   

    #8 xa sei que até nas ONG hai xente contratada, véxoo lóxico. Nº asalariados/ Nº socios =?
    Nº asalariados / Nº voluntarios(socios activos e colaboradores)=? Tamén me gustaría coñecer estes datos e comparalos cos datos doutras asociacións.

    Eu referíame a que entre os voluntarios que acudiron a limpa-lo chapapote ou a recupera-los montes, vixiar... non se ven simpatizantes do PP(ou van de progres e até de nacionalistas galego falantes porque se avergoñan, que pode ser...). Os da FEGAMA que apareceron fai un ano son naturistas...
    No PP vexo case imposíbel unha asociación ecoloxista afín, con negacionistas do cambio climático como Aznar, Aguirre... o apoio á tauromaquia, a liberalización do chan urbanizábel... Nen sequera unha asociación de naturistas cando teñen votantes que se opoñen ao topless xD

    votos: 2, karma: 23
    escrito por colazo hai 52 dias 14 horas 59 minutoscolazo
  10. #10   

    A diferenza de axudas non é porque o BNG dea agora de máis, senón que antes se lle marxinaba polo marcado carácter nacionalista. Os convenios son lícitos e cando vexamos a Verdegaia ou outros colectivos protestar por discriminación entonces debatiremos sobre o tema. Namentres, simplemente é fume que vende o País que anda escaldado porque o imperio Polanco comeza a derrubarse.

    votos: 3, karma: -1
    escrito por xosemarcote hai 51 dias 12 horas 46 minutosxosemarcote
  11. #11   

    Agora entendemos no Ribeiro porqué os de Adega quedaron tan caladiños no tema do "parque medioambiental" (vertedeiro).

    votos: 3, karma: 18
    escrito por rogaciano hai 51 dias 11 horas 26 minutosrogaciano
  12. #12   

    #10 Se queres saber o que opina Verdegaia sobre o tema este das subvençons (e nom só) nom tes mais do que ler o seu web www.verdegaia.org/content/view/687/1/ onde tamém podes atopar a memória anual 2007 www.verdegaia.org/index.php?option=com_artbannersplus8 da que poderás tirar informaçom sobre o seu financiamento, orçamentos, sócios, activistas...

    votos: 2, karma: 38
    escrito por signatus hai 51 dias 11 horas 1 minutosignatus
  13. #13   

    #8 Por favor signatus, non nos tome por parvos. Para transparencia a do convenio familiar de Verdegaia coa USC... iso si que é de traca, viva o purismo.
    Seica os convenios de Galiza Verde (Mabel Rivera ou Enrique Banet) con Vivenda tamén son mostra da submisión desa fundación ao BNG.
    Pachi só carga contra ADEGA, por algo será... Verdegaia non lle preocupa o máis mínimo porque non a rasca.

    votos: 3, karma: 7
    escrito por maceirax hai 50 dias 21 horas 49 minutosmaceirax
  14. #14   

    Os dous partidos do governinho rivalizam por engordar de subvençons "movimentos sociais" da sua obediência

    www.galizalivre.org/index.php?option=com_content1

    Ligado

    votos: 0, karma: 19
    escrito por FULANO hai 50 dias 18 horas 1 minutoFULANO
  15. #15   

    #13 maceirax, parece-me mui bem que seja vosté fan-boy do BNG e (de rebote?) de ADEGA, mas eu nom tomo por parvo a ninguém. O (cativo) fianciamento de Verdegaia é claro, a sua actividade (100% voluntária) tamém (se para vosté iso é nom ranhá-la pois alá vosté coa sua visom distorcida/ánsia de intoxicar), e na minha opiniom é do pouco que hai interesante no panorama associativo ambiental deste país, para bem ou para mal.

    A dependência/submissom nom se monstra com convénios ou sem eles, mas com posicionamentos e decisons. A mim que ADEGA seja nacionalista nom me preocupa, é umha opçom como outra qualquer; que seja pró-BNG tampouco me preocupa porque nom som sócio dessa entidade (pero que nom vaia de "independente" se nom o é); que isto suponha que seja ambientalista de comenência si me preocupa como ecologista que som; e, desde logo, o que se faga co dinheiro dos meus impostos (que nom é nem do PP, nem do PSOE, nem do BNG, nem dos colegas duns ou outros) tamém me preocupa, como nom podia ser doutro modo.

    votos: 0, karma: 13
    escrito por signatus hai 50 dias 15 horas 31 minutossignatus
  16. #16   

    #15 Ánimo de intoxicar, eu? Vaia home, agora si que me matastes, dicirme iso só dous días despois de chuzar isto seguíndolle o xogo a Pachi (véxase ADEGA xa ingresa abondo, que máis da que lle regale 600.000€ a un grupo de colegas "ecoloxistas" recén creado e sen actividade?). Fíxese onde chegou o despropósito que algunhas das pezas dese puzzle fraudulento levan a palabra "naturista" no seu nome.
    Todo lle vale a vostede con tal de barrenar en ADEGA (só hai que seguir o seu historial nesta e noutras páxinas galegas), e curiosamente é vostede quen se gañou merecidamente a fama de intoxicador, e non só mo parece a min polo que teño entendido.
    Se realmente é tan ecoloxista ...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 1
    escrito por maceirax hai 50 dias 12 horas 47 minutosmaceirax
  17. #17   

    #16 Eu nom lhe sigo o jogo nem ao Pachi nem ao Quin nem a ninguém. Nom tenho o prazer de o conhecer a vostê, nem sabia que eu tivesse fama de intoxicador... "nunca te acostarás sin saber una cosa más" xD

    "Igualmente preocupante é que certas asociacións ecoloxistas independentes e puras calaran coma putas ante esta fraude": Quais? Porque eu lim e escoitei declaraçons sobre este escándalo realizadas polas principais organizaçons ecologistas galegas.

    A mim o que ADEGA faga é-me igual, pero hai práticas que detesto, tanto me tem que sejam do PSOE, do BNG, do PP ou de qualquer outro.

    votos: 0, karma: 13
    escrito por signatus hai 50 dias 12 horas 36 minutossignatus
  18. #18   

    #17 Di que si.

    votos: 2, karma: 1
    escrito por maceirax hai 50 dias 12 horas 12 minutosmaceirax
  19. #19   

    #18 Porque tú lo digas :-P

    votos: 0, karma: 13
    escrito por signatus hai 50 dias 12 horas 9 minutossignatus

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]