federacionecoloxista.blogsome.com/2006/07/03/non-mais-herbicidas-nas-n...
enviado por Kiko_das_leiras hai 917 dias 11 horas 34 minutos, publicado hai 917 dias 3 horas 6 minutos
ADEGA denuncia o uso de herbicidas para “acondicionar” as marxes dalgunhas estradas galegas. Estas práticas, ademáis de contribuir á contaminación química dos acuíferos e ao envelenamento do medio, son un factor engadido de risco de incendios pola cantidade de biomasa vexetal seca que se amorea nas cunetas. ADEGA reclama o abandono destas práticas e a substitución por traballos de rozado mecánico con recuperación da materia orgánica.
A
comentarios
Non é sen tempo que os ecoloxistas se decatan de esta peste!!! xa le vo anos vendo eso, e non sabía o que facer pata denuncialo, cada ano pouco antes o verán me lembraba, e o esquecía ata o ano seguinte. Parabens a ADEGA!!!
E non só nas estradas; ultimamente a limpeza de "malas herbas" en rúas e valados por parte dos servizos de limpeza segue o mesmo procedemento en moitas capitales galegas, mesmo ao lado de fontes públicas, colexios, etc. Evidentemente o trabalho manual despreza-se en beneficio das industria agroquimicas, coas que os concelhos galegos fan boas migas a conta de comisiós e prevendas mutuas. En fin, o mesmo digo: parabéns a Adega.