www.20minutos.es/noticia/429688/0/horario/laboral/calidad/
enviado por carabuxa hai 48 dias 10 horas, publicado hai 47 dias 19 horas 54 minutos
Estes días celébrase en Tarragona o III Congreso da Comisión Nacional para a Racionalización de Horarios, un organismo que defende que os traballadores teñan horarios laborais que permitan conciliar traballo e familia. España está á cabeza da cantidade de horas traballadas ao día e á cola da produtividade. Detrás dun horario interminable hai baixa produtividade e baixa natalidade; alta sinestralidade e fracaso escolar. Acabemos coa cultura do presentismo para empezar a da eficiencia.
comentarios
Liberdade para min
...
Mimá, como lean esto os funcionarios do café de unha hora alongarano tres ou catro... que nos coñecemos!
E non sería mellor que remataran cos postos de traballo que non pintan absolutamente nada e nos custan cartos? Non, non falo de fundacións, chiringuitos, sindicatos, conserxes de deputacións, axudantes de conserxes, deus me libre!!! 