www.elpais.com/articulo/internet/justicia/condena/Meneame/frances/enla...
enviado por alema hai 45 dias 2 horas 33 minutos, publicado hai 44 dias 23 horas 4 minutos
Primeira condena a unha web construída por internautas en Francia. Os Tribunais castigaron cunha multa de 1.000 euros a Fuzz.fr, o homólogo a Chuza! en Galicia ou Digg nos EUA. Trátase da primeira sanción a un medio da web 2.0 que basea o seu funcionamento en contidos colaborativos ofrecidos polos internautas. Os xuíces consideran que a web é culpable por ter unha ligazón a un artigo con contido difamatorio cara ao actor Olivier Martínez, o que aparece na foto.
comentarios
É o perigo de ter juízes sem ideia do funcionamento da internet e das tecnologias.
Cando as barbas do veciño vexas curtar...
Ainda que:
O titular de Chuza.org non asume ningunha responsabilidade en relación coas noticias, informacións ou comentários publicados polos usuarios ou terceiros, que serán os seus únicos responsábeis.
Por certo, a páxina está pechada por mor da sentenza
fuzz.fr/
#2 o titular en Chuza.org non necesariamente lle vai salvar dún xuiz que lla quera meter padentro. Agora estou a traballar e non podo ghooghelar, mais penso que este tema xa se discutiu en chuza e a resposta estaria en mirar a xurisprudencia recente. Alghén lembra dún caso similar na Galiza?
#3 Non lembro, que non levo moito por aquí. De todos os xeitos penso que todos sabemos que por moito que poña na nota legal, en caso de un problema deste tipo (que confiamos en que non ocorra) o máximo responsábel seria Berto. Supoño que dependerá da LISI esa de marras.
Ah! e O titular de Chuza.org é o Berto, non o titular da nova. Está quitado da nota legal (aí abaixo)
Lembro que algo falárase e non lembro máis, seguro que o Berto sabe (pola conta que lle tén). Nestes casos xa digo que o máis importante é a xurisprudencia recente (que tampouco conhezo). Mais tenho ben claro que ún destes xuices escapados das covas de Atapuerca cunha minifalda manchada de semen por bandeira e amante do bilinguismo cha pode meter ben doblada.
A mim parece-me umha sentenza injusta e vou explicar por que:
Precisamente nos nom somos juizes para determinar o que é difamatorio e o que nom, o qual, alias, seria tecnicamente impossivel pois nom vas fazer umha tese de doutoramento em cada conhachada que chuzas. Cada um emite um juizo sobre a veracidade da nova em funçom das informaçoes das que dispom e do seu bom (ou mau) criteiro, mas aqui limitamo-nos a por ligaçoes a noticias pre-existentes noutros meios, nom a gerar conteudos per se.
Direi mais, decote chuzamos noticias sabendo que som tendenciosas ou precisamente por se-lo. Sim, porque a maior parte da imprensa é tendenciosa e difamatoria SISTEMATICAMENTE, sem que se pa...
» ver todo o comentario