novas.xunta.es/node/4407
enviado por susinho hai 726 dias 18 horas 41 minutos, publicado hai 726 dias 16 horas 23 minutos
Por fin temos Plan. Xa viña sendo unha práctica nalgunhas consellarías do BNG e tamén nalgún centro educativo, pero hoxe o goberno galego aprobou o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI) de xeito que xa é oficial: a Xunta opta polos estándares abertos e o software libre. Era horas.
comentarios
Máis:
Nova no portal galego da sociedade da información:
www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=172l
Adopción de estándares abertos:
www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/pegsi_det.php?id_l=054,066,179l
Adopción de software libre:
www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/pegsi_det.php?id_l=054,066,180l
Máis:
Ver www.sociedadedainformacion.eu/pegsi/pegsi.php?lg=gal e darlle a "extender" no apartado 3 3 - Interoperabilidade, seguridade e coñecemento aberto
Gustaríame moito ver na nosa terra furrulando un sistema similar ao Extremenho nos vindeiros anos...
Teño un deja vu deses, esto non o dixeran xa cando inventaran Mancomun?
#3 Non. As dúas cousas teñen que ver cos estándares abertos e o soft libre, eso sí. #2 a min tamén... nos próximos meses, se puidera ser. grmph.
Ogalla non sexa unha moda pasaxeira dos politicos e se converta nunha alternativa real para crear a sociedade do coñecemento
Moda pasaxeira parece ser, polo menos tendo en conta o q escollen os políticos galegos para usar nos seus computadores
chuza.org/historia/o-parlamento-galego-prefire-microsoft
Non sexan tan optimistas. O documento é orientativo, un guieiro da acción política que se pode seguir ou non en cada caso. Ningunha Consellaría do PSOE está obrigada a cumprir con el. E os pasos que levan dado (tamén algunhas do BNG) non agoiran demasiados avanzos. Agora, iso si, é algo que estea aprobado. Dá menos unha pedra.
Compre sermos realistas. Un acordo de goberno é unha ferramenta moi potente xa que non é simplemente unha posición institucional, ou unha declaración de intencións... define a política oficial de todo o goberno. Neste caso para o marco "por defecto" para a aplicación das TIC, e resulta útil para "orientar" aos que se "desorienten" con cagadas como a do parlamento por exemplo. Iso sí: de nós depende que non se convirta en papel mollado.
O día que vaia a Silleda a facer o exame de informática de auxiliares e me poñan un OpenOffice diante será probablemente o mesmo no que o Lugo gañe a champions
Se cadra peque de optimismo (coma sempre) mais creo que é unha boa ocasión para dar o parabéns a toda unha morea de xentes que loitaron e seguen a loitar para a implantación xeneralizada e efectiva do sw libre. Non é que isto sexa a conclusión definitiva senón un sinxelo guieiro de actuacións... ata o 2010! Iso si, quen non cumpra... terá chuzadas
No sitio do Plan
O PEGSI indica que a adopción do software libre na administración é irrenunciable
sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=174l
Entrevista á Elena Veiguela, Directora Xeral desta movida:
sociedadedainformacion.eu/actualidade/entrevista.php?id=176l