www.vieiros.com/nova/65472/xoguetes-na-nosa-lingua-un-camino-retorto
enviado por alema hai 118 dias 20 horas 56 minutos, publicado hai 118 dias 16 horas 48 minutos
A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, recoñeceu este venres no Parlamento que a industria xogueteira pon numerosos atrancos para fabricar bonecos que falen na nosa lingua. López contestou a diferentes preguntas do BNG sobre a normalización do noso idioma neste sector. A secretaria xeral explicou que o seu departamento contactou, e seguirá a contactar, coas industrias mais matizou que non está disposta a asumir o que queren algunhas firmas: que a administración merque con cartos públicos partidas de xoguetes.
comentarios
[reintegrata]e logo por que não vai a gente a mercar os joguetes ao sul do Minho?

Chuzaecursión ao Porto a mercar toalhas e joguetes!!
Claro, a Junta pode pagar babecadas e estupidezes como recintos portáteis (currais) para que joguem os nenos onde têm monitores espanhol-falantes e o único galego é o lema "e logo!", mas não pode mercar joguetes. Todo um exemplo de coerência.
O galego está en venta, por que non ían sacar tallada tamén os fabricantes de xoguetes?
Pois anda que non molaría, xa o estou vendo.
Monchiño, vestido de pantalon de pana con camisa de liño e callado na man...co petillo de medio lado e que dixera...eloghooooo, ti de quen ves sendo???, ou Benito o albanel do cicel, que dixera, morenaaaaa quen te collese un día de xiada...jajajajaja, caralludo, vou correndo a patentalo
unha mostra máis da cultura subsidiaria de moitas empresas: semella que a única forma de facer negocio e cando a administración merca ou subvenciona. Mal vamos
#3 Imagino que nas Galescolas haverá joguetes e algum material pedagógico suceptível de ir em galego... Igual que em seu dia as editoriais obtiveram lucros polos livros de texto... A equação é simples
#5 Para as culturas auto-minorizadas como a nossa é o que queda (como digo nas duas linhas anteriores).
Fan ben... a ver se logo non lles van quedar cartos abondo para darllos á Voz de Galicia e que inclúan tres mini-novas en galego. O primeiro é o importante, andevaaparar...
