A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de aloxar no portal web da Xunta o tradutor automático español-galego que permite traducir textos de ata 2.500 caracteres e páxinas web completas, o que facilita a lectura de contidos na nosa lingua. Este tradutor vén a desenvolverse dende hai uns 2 anos e xa se distribuíron licenzas desta aplicación everywhere. Visto en
www.codigocero.com/spip.php?article4518
comentarios
bebín de máis ou parece bo?

xa se distribuíron licenzas desta aplicación everywhere
Ah. Ou sexa que, en troques de mellorar os tradutores que xa hai, libres e multilíngües, a señora esa encargada de enterrar dignamente ao galego despilfarra os cartos de todos en facer outro que ademais só traduce do español para o galego.
Onde están os fontes do programa? Onde están os diccionarios e as regras? Vanse liberar ou van seguir sendo feudo dos de sempre para beneficiar as empresas de sempre? Cal é a política de licenciamento? Podemos mellorar os erros? Podemos modificar o programa? Podemos incorporalo nas nosas aplicacións?
#1 Non o probei moi a fondo, pero coas webs que probei o resultado foi bastante bo (cando menos, non meteu caracteres raros, como me ten pasado con outros tradutores), aínda que de cando en vez a aplicación web falla (supoño que por sobrecarga, xa que hoxe estará a probar o servizo todo cristo).
#2 A verdade é que coma servizo web sería mooooi interesante, pero dubido que a Administración se comprometa coa Web 2.0.
#2 Que razón tes Suso, que razón tes.
» ver comentario
amoscaasquerosa
Se interpreto ben a noticia, estamos a falar do Es-GA (ou Es-Gal), tal vez o traductor máis "inaugurado" na historia da humanidade:
www.culturagalega.org/noticia.php?id=619
Non hai color:
TRADUCTOR XUNTA
1.- www.xunta.es/tradutor/text.do
2.- Licencia:?
3.- Presuposto:?
4.- Documentos soportados: texto ASCII e páxinas web
5.- Límite do tamaño do documento: 4096 caracteres
6.- Linguas que traduce: español->galego
TRADUCTOR IES CHAN do MONTE (Marín)
1.- www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/
2.- Licencia: GPL (LIBRE)
3.- Presuposto: traballo non remunerado de Óscar Hermida López, alumno do centro.
4.- Documentos soportados: Word, OpenOffice Writer, Calc, Draw, Impress, Math, Abiword, LaTeX, MySQL, Texto ASCII.
5.- Límite do tamaño do documento: non definido
6.- Linguas que traduce: español->galego, galego->español; español->catalán, catalán->español; español->portugués, portugués->español; catalán-> inglés, inglés->catalán
Non podo valorar a calidade das traduccións entre ambos servizos, pero debería darlles vergoña.