A Xunta estrea un tradutor web de español a galego

A Secretaría Xeral de Política Lingüística vén de aloxar no portal web da Xunta o tradutor automático español-galego que permite traducir textos de ata 2.500 caracteres e páxinas web completas, o que facilita a lectura de contidos na nosa lingua. Este tradutor vén a desenvolverse dende hai uns 2 anos e xa se distribuíron licenzas desta aplicación everywhere. Visto en www.codigocero.com/spip.php?article4518
8 comentariosen lingua
tags: galego, tradutor, xunta karma: 274.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 27, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    bebín de máis ou parece bo?
    :-O

    votos: 3, karma: 35
    escrito por mortiza hai 200 dias 11 horas 56 minutosmortiza
  2. #2   

    xa se distribuíron licenzas desta aplicación everywhere

    Ah. Ou sexa que, en troques de mellorar os tradutores que xa hai, libres e multilíngües, a señora esa encargada de enterrar dignamente ao galego despilfarra os cartos de todos en facer outro que ademais só traduce do español para o galego.

    Onde están os fontes do programa? Onde están os diccionarios e as regras? Vanse liberar ou van seguir sendo feudo dos de sempre para beneficiar as empresas de sempre? Cal é a política de licenciamento? Podemos mellorar os erros? Podemos modificar o programa? Podemos incorporalo nas nosas aplicacións?

    votos: 7, karma: 76
    escrito por susinho hai 200 dias 10 horas 24 minutossusinho
  3. #3   

    #1 Non o probei moi a fondo, pero coas webs que probei o resultado foi bastante bo (cando menos, non meteu caracteres raros, como me ten pasado con outros tradutores), aínda que de cando en vez a aplicación web falla (supoño que por sobrecarga, xa que hoxe estará a probar o servizo todo cristo).
    #2 A verdade é que coma servizo web sería mooooi interesante, pero dubido que a Administración se comprometa coa Web 2.0.

    votos: 1, karma: 20
    escrito por marcus hai 200 dias 9 horas 37 minutosmarcus
  4. #4   

    #2 Que razón tes Suso, que razón tes.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por zaratustra hai 200 dias 5 horas 27 minutoszaratustra
  5. #5   

    » ver comentario

    votos: 8, karma: -106
    escrito por amoscaesquerdosa hai 199 dias 20 horas 32 minutosamoscaesquerdosa
  6. #6   

    amoscaasquerosa

    votos: 8, karma: -47
    escrito por Nemigo-G hai 199 dias 20 horas 31 minutosNemigo-G
  7. #7   

    Se interpreto ben a noticia, estamos a falar do Es-GA (ou Es-Gal), tal vez o traductor máis "inaugurado" na historia da humanidade:

    www.culturagalega.org/noticia.php?id=619

    votos: 1, karma: 20
    escrito por rufus hai 199 dias 3 horas 14 minutosrufus
  8. #8   

    Non hai color:

    TRADUCTOR XUNTA
    1.- www.xunta.es/tradutor/text.do
    2.- Licencia:?
    3.- Presuposto:?
    4.- Documentos soportados: texto ASCII e páxinas web

    5.- Límite do tamaño do documento: 4096 caracteres
    6.- Linguas que traduce: español->galego

    TRADUCTOR IES CHAN do MONTE (Marín)
    1.- www.ieschandomonte.edu.es/traducindote/
    2.- Licencia: GPL (LIBRE)
    3.- Presuposto: traballo non remunerado de Óscar Hermida López, alumno do centro.
    4.- Documentos soportados: Word, OpenOffice Writer, Calc, Draw, Impress, Math, Abiword, LaTeX, MySQL, Texto ASCII.
    5.- Límite do tamaño do documento: non definido
    6.- Linguas que traduce: español->galego, galego->español; español->catalán, catalán->español; español->portugués, portugués->español; catalán-> inglés, inglés->catalán

    Non podo valorar a calidade das traduccións entre ambos servizos, pero debería darlles vergoña.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por minhato hai 198 dias 20 horas 33 minutosminhato

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]