A Xunta de Galicia (sector PSOE) e Microsoft

 
O PSOE inventou unha Fundación da Sociedade da Información para pisar unha competencia que está na Consellaría da Industria, do BNG. Touriño e a presidenta da Tran$nacional desvelarán o vindeiro martes a estratexia de Microsoft Ibérica para Galicia. A M$ é unha compañía multada e volvida a multar pola Comisión Europea, recibe millóns de royalties e representa o primeiro obstáculo á alfabetización dixital e aos estándares electrónicos. O Consello da Xunta aprobou un Plan Estratéxico para promover o software libre. Que c... pasa?
18 comentariosen denuncia
tags: software libre, programa, decreto, coherencia karma: 271.00
votos negativos 7, votos de usuarios: 45, votos anónimos: 32

comentarios

  1. votos: 1, karma: 22
    escrito por chimpin hai 717 dias 10 horas 9 minutoschimpin
  2. #2   

    E pois.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Calidonia hai 717 dias 10 horas 8 minutosCalidonia
  3. #3   

    E pois é (e já chuzei).

    votos: 0, karma: 17
    escrito por galeguzo hai 717 dias 10 horas 4 minutosgaleguzo
  4. #4   

    Descarte, calidonia

    votos: 3, karma: 21
    escrito por chimpin hai 717 dias 10 horas 2 minutoschimpin
  5. #5   

    Salvácheste que non teño karma para votar duplis! :-P

    votos: 3, karma: 27
    escrito por lourixe hai 717 dias 9 horas 29 minutoslourixe
  6. #6   

    Pois o que pasa, como moi ben comentou outro usuario falando da nova da presentación do Vista en galego, é que aínda hai moitos usuarios que empregan Windows.

    votos: 1, karma: -12
    escrito por crislan hai 717 dias 8 horas 5 minutoscrislan
  7. #7   

    #6 E coido que máis importante que moitos usuarios moitas empresas.

    votos: 2, karma: 2
    escrito por ifrit hai 717 dias 8 horas 2 minutosifrit
  8. #8   

    Non a vou descartar, porque está tendo máis votos, e coido que é porque o título especifica que se trata dunha aposta dun dos dous socios que compoñen o Goberno do Xunta (o PSOE) e non de ambos (o que incluiría tamén ao BNG).

    Efecivamente moitos a nivel doméstico ou empresarial aínda usamos Windows, pero:

    - Tanto o BNG como sobre todo o PSOE (que é quen está sendo incoherente) levaban nos seus programas electorais a aposta polo software libre.

    - Hai un Decreto e un Plan Estratéxico que implica (debera implicar) a toda a Administración autonómica aprobado pola propia Xunta, e neles apóstase polo software libre como xeito de aforro, investimento e coñecemento, que non ...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 19
    escrito por Calidonia hai 717 dias 7 horas 43 minutosCalidonia
  9. #9   

    Pois eu non vexo que sexa algo incompatible. É dicir, hai moitos usuarios que empregan o Windows e queren as ferramentas en galego. Pois diso ocúpase unha parte da Xunta. E, polo outro lado, hai que potenciar o software libre, e diso ocúpase outra parte da Xunta. Cal é o problema? Imos obviar unha realidade para centrarnos só no software libre?

    votos: 1, karma: -12
    escrito por crislan hai 717 dias 7 horas 39 minutoscrislan
  10. #10   

    #8 Estaba a escribir esto cando apareceu o teu comentário.

    Calidonia, parece-me mal que, ainda admitindo que a nova está duplicada non a descartaras. Xa ten máis votos que a primeira que se enviou, á que se lle están restando e quitando Karma.

    E non me parece motivo para non descartala que teña título diferente. Ou que teña máis chuzadas. Tiña unha cando puxen o primeiro comentário.

    votos: 3, karma: 21
    escrito por chimpin hai 717 dias 7 horas 38 minutoschimpin
  11. #11   

    #9 Non é así. A sociedade da información é competencia da Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, ou sexa, da Consellaría de Innovación e Industria, dirixida por un conselleiro do BNG.

    A outra parte da Xunta, a das áreas que dirixen conselleiros do PSOE, non teñen compentencias en informática ou información no que atinxe á cidadanía. Só teñen competencias na rede informática interna da Xunta.

    Co cal ese reparto ao que te refires só existe na túa cabeza. E por iso o PSOE está a meterse onde non debe e a apoiar descaradamente a un Monopolio, con todas as letras.

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Calidonia hai 717 dias 7 horas 36 minutosCalidonia
  12. #12   

    #10 Lamento que che pareza mal. Nada en ningures me obriga a retirar unha chuzada. Entendo que o do descarte é un mecanismo voluntario. Se figura outra cousa nalgures por favor dimo. En calquera caso a comunidade ten a última palabra.

    votos: 2, karma: -6
    escrito por Calidonia hai 717 dias 7 horas 35 minutosCalidonia
  13. #13   

    #12 Evidentemente é voluntário. Nin eu nin ninguén obriga a nada aquí. Simplemente é que ás veces peco de parvo e inocente.
    Desculpe a intromisión. Editaria os meus comentários prévios (nos que, por certo, xa teño votos negativos, está visto que non senta ben avisar dunha duplicada, a partir de agora votarei negativo directamente) pero non podo. Retiro todos.

    votos: 2, karma: 42
    escrito por chimpin hai 717 dias 5 horas 51 minutoschimpin
  14. #14   

    ainda que a ligazon vai ao meu blogue, a nova orixinal esta en agnix.org.

    votos: 2, karma: 40
    escrito por goretoxo hai 717 dias 4 horas 50 minutosgoretoxo
  15. #15   

    Imos ver...dame o mesmo se a nova esta dupli ou non... o que me importa a min eo que ven a explicar.

    Cada quen na sua casa pode usar o que lle pete, sw libre, sw privativo, mixto,... cada quen na súa empresa pode usar o que lle pete, pero cando se fala da administración pública a cousa cambia, e moito. Estamos a falar que un presidente dunha comunidade autónoma esta a promocionar un producto dunha multinacional foranea -dame o mesmo como o vexade de forma directa ou indirecta esta a facelo- e iso é algo grave.

    Hai un plan estratexico que apoia o sw libre, que deberia de ser de implantación obreigada en toda a administración, pois non ten sentido pagar royalties en tanto en cant...

    » ver todo o comentario

    votos: 3, karma: 48
    escrito por galcet hai 717 dias 4 horas 12 minutosgalcet
  16. #16   

    Vexo que a xente ainda non capta o tema do software libre. A cousa non é se o software "mola" ou "non mola"; o que importa en realidade e que o sftware pódese producir en calquera lado. Só é necesario un ordenador e persoas coa cabeza fría e ganas de quentala. Por eso non ten sentido mandar miles de euros a Estados Unidos a cambio de nada. Cando saia Windows Ulideiras será necesario pagar outra vez esos mesmos cartos. E como quen os queima. Esa mesma suma de cartos poderíase invertir en empresas locais para desenrolar software equivalente e ofrecer o correspondente soporte, como está a facer a Generalitat. Dese xeito creanse postos de traballo e productos exportables. Riqueza local.
    Imos deixar aparte que a Xunta almacene os datos de todos en sistemas que ninguén coñece como funcionan e dos que se teñen descuberto en máis de unha ocasión portas traseiras.
    Non se trata de que escollan unha cousa ou outra. Non hai escolla posible.

    votos: 2, karma: 32
    escrito por meluco hai 717 dias 2 horas 26 minutosmeluco
  17. #17   

    A xunta non pagou nada pola traducion do windows vista ao galego. A xunta pagará en especias, contratando licenzas de windows vista para o goberno autoanémico. a ver se vos enterades de vez? Ahí é onde hai que pór a atención das protestas.

    os únicos que pagaron polo windows foron GENERALITAT e Goberno Basco no WINDOWS 95, porque código e datos non estaban separados e pagaron mais de 400 millóns de pesetas.

    votos: 1, karma: 26
    escrito por croiosdetector hai 716 dias 14 horas 41 minutoscroiosdetector
  18. #18   

    #17 Exactamente ese é o problema. Dá case igual que pagara ou non pola tradución. M$ non a fai gratis. Nunca o fixo e demostrou sempre que onde non hai mercado non moverá un dedo. O problema é que a cambio hai millóns de euros en compra de licenzas de Windows, carto que podería ter outros destinos socialmente máis xustos e economicamente máis centrais no noso desenvolvemento.

    E que non veñan outra vez con que é un tema de transición, que a implantación do SW libre é lenta. Ningunha administración vai instalar Windows Vista! Aínda hai pouco que se comezaron a adquirir licenzas de Windows XP, que antes se seguía traballando co Windows 2000 e mais o NT.

    votos: 1, karma: 33
    escrito por Calidonia hai 716 dias 13 horas 21 minutosCalidonia

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]