A Xunta confirma que negocia con Microsoft para meter máis programas seus nas aulas

Un voceiro da Presidencia da Xunta indicou que a negociación trata, entre outros puntos, sobre a incorporación de programas informáticos de Microsoft ás aulas do ensino público galego. Isto sucede a pesar que o Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información -un documento aprobado polo Consello da Xunta e elaborado pola Consellería de Innovación- aposta especificamente pola “adopción de estándares abertos por parte da Xunta de Galicia”. Continuación de chuza.org/historia/microsoft-e-a-xunta-negociando-un-acordo/
7 comentariosen tecnoloxía
tags: microsoft, ensino, software libre, pegsi karma: 234.00
votos de usuarios: 29, votos anónimos: 28

comentarios

  1. votos: 0, karma: 0
    escrito por Nemigo hai 616 dias 15 minutosNemigo
  2. #2   

    Non entendo nada, está claro que as grandes compañías acaban levando sempre as de gañar :-(

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mayer hai 615 dias 20 horas 52 minutosmayer
  3. #3   

    Nom é por nada, mais tanto falar mal de Ibarra e Extremadura danos mil voltas em materia de educaçom. Sirvam como exemplos o seu emprego de Software livre ( o linex) ou o ensino de Portugês como segunda lingua extrangeira.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por WSobchak hai 615 dias 17 horas 22 minutosWSobchak
  4. #4   

    "a máxima responsábel de Microsoft na Península advirte que o número de internautas está a decrecer precisamente nas autonomías que invisten en software libre". Será que o número de altas para o acceso a Internet se reduce por que aparecen locutorios públicos, que é o que necesita a maioría da xente.

    A cuestión é que as persoas teñen mellor acceso a Internet, ainda que o xeito en que estas acceden non sexa o que lle interesa ás compañías de telecomunicacións.

    Eu non podo confiar en ningún grupo político no governo para que apoie un emprego racional das novas tecnoloxías. Hoxe en día as Administracións dependen dos favores das grandes empresas, e farán o que sexa...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por meluco hai 615 dias 17 horas 6 minutosmeluco
  5. #5   

    Sintome estafado, fai uns días o goberno ilusionábanos co PEGSI que nos facía imaxinarnos unha Galiza que usando e promicionando o software libre e os estándares internacionais non iba a seguir os designios que simplemente nos marcaran unhas multinacionais do outro lado do charco. Pero polo visto neste país no que xa non temos que sufrir a "Don Manuel", sí que teremos que seguir soportando os milenarios caciques que esquilmaron as nosas xentes dende tempos inmemoriais, agora en forma de bipartito.

    O peor de todo é que os mozos e mozas galegos condenaranos de forma vitalicia a ver o mundo da informática dende o punto de vista dun escravo, agora non dun señor feudal, senón dunha multinacional americana. Resulta irónico que esté cogobernando un partido que reclamaba "independenza" fai uns días na rúa e agora permita que vendan o educación dos galegos do futuro a unha empresa extranxeira.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por miguelfm hai 615 dias 16 horas 37 minutosmiguelfm
  6. #6   

    Postos a repartir culpas comecemos por diferenciar a quen aposta en serio polo software libre e quen pretende dinamitar esa política: O BNG elaborou e promoveu o PEGSI e negociou duramente para facelo aprobar nun Consello da Xunta. O PSdeG, franquicia de PSOE en Galiza, pasa polo forro dos caprichos este e calquera outro papel, importándolle máis ben pouco a fenda dixital, o aforro das Administracións, o tecido produtivo (Galiza 4ª CC.AA. en nº de empresas de software libre, por diante de Euskadi), os exemplos a seguir dentro do seu propio partido de Extremadura e Andalucía...

    Vale a decepción e a crítica, dacordo. Mais non podemos falar dunha completa decepción, nin dunha rendi...

    » ver todo o comentario

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Calidonia hai 615 dias 15 horas 52 minutosCalidonia
  7. #7   

    Sempre é o mesmo, onde hai 'cazo' non manda o sw libre!!!!! moi ben lle debe ir a alguns grazas ao medo que lle esta a provocar o FlooS (Free/Libre Open Source Software) ao imperio micro$oft que se aprobeitan para chupar algo e sentenciar que nada cambie...

    Viva IBARRA!!!!!!!!!!!!!!!!!!! que se veña pa' Galiza xa e votamos a toda esta panda de impresentables!!!

    votos: 0, karma: 0
    escrito por tonio hai 615 dias 5 horas 14 minutostonio

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]