www.corunaliberal.es/Presentacion-de-plataforma-de-padres-profesores-y...
enviado por xanocebreiro hai 890 dias 10 horas 49 minutos, publicado hai 890 dias 5 horas 27 minutos
Como se agardaba, diante do anuncio dun (tímido) novo Decreto de uso do galego no ensino, vaise presentar unha "Plataforma de Padres, Profesores, Alumnos y Amigos de Galicia para luchar por la libertad del idioma". Renovada manipulación ultradereitista do que é o concepto de liberdade e do que significa o multilingüismo en contextos de conflito lingüístico. Porque estas entidades son refractarias ás indicacións europeas ao respecto e a razoamentos como os de Monteagudo recollidos nunha nova anterior.
comentarios
falar deles é perde-lo tempo e dar-lle unha popularidade que non merecen.
Mais a cuestión é que conseguen moita proxección mediática e os responsábeis educativos téñenlle pavor ao "conflito", polo que cómpre espallar argumentos que sitúen a normalización da lingua no vieiro (ademais do PXNL) dos obxectivos europeos de multilingüismo. Multilingüismo real, claro, non só das linguas do imperio, e iso só é posíbel, en contextos coma o noso, con competencia e uso normalizado da lingua minorizada.
Eles estan acostumados a que o Galego sexa unha lingoa marxinal, viven na ignoracia de creer que o castelán é a lingoa dos 'cultos e estirados' mentres o galego é a lingoa dos 'pailans e toscos'; son eles quen aplican e fan uso da diglosia máis destructiva...
Toda miña vida estudiei en castelán, só na facultade tiven a oportunidade de expresarme en galego. É hora de que a nosa lingoa tome caracter de seu e sexa empregada no pais que a convertiu en tal; o bilinguismo esta ben, pero un bilinguismo real, onde o galego eo castelán convivan e non onde o castelán macheque o galego.
Dende logo que pena me dan esa panda de pseudo-fascistas!