A TVG programa en menos de 12 horas dous debates do "L"(e non de GürteL)

O primeiro no programa do galegófobo Carlos Luís con Antón Losada, Blanco Valdés e Pablo Acción da COPE e hoxe co friki de Carlos Marcos dicindo que en galego tamén tería que ser "Sanllago do Campo de Estrelas", dun informe do Consello da Cultura que di que xamais existiu "A Coruña" e cita un texto co "La Coruña" en 1366. Tamén defendendo o "L" Fran Espiñeira de La Voz de Galicia que afirma que non coñece a ninguén que diga "A Coruña" fronte a Xosé Ucha da AAVV de Montealto e Xabier Blanco do Xornal de Galicia
13 comentariosen lingua
tags: topónimo, coruña, tvg, gürtel karma: 271.00
votos de usuarios: 39, votos anónimos: 28

comentarios

  1. #1   

    con "L" de gurte"L"

    votos: 4, karma: 48
    escrito por Turkoo hai 126 dias 13 horasTurkoo
  2. #2   

    #1 Aí falaches Turkoo? Acabas de lle dar a saída perfecta á oposición ao PPdG se queren empregala: "La Coruña ou A Coruña? Con ou sen L? Con L... L de Gürtel".

    votos: 0, karma: 7
    escrito por pitanxo hai 126 dias 12 horas 49 minutospitanxo
  3. #3   

    No Índice Toponímico Galego Medieval xa hai un "A Coruña" en 1317 ilg.usc.es/itgm
    pero en 1366 Don Pedro(I de Castilla?) falaba no mesmo idioma cos coruñeses?

    Non é Iago nome galego? Sabe que hai máis Compostelas en Galiza e que hai un barrio de Ponferrada polo que pasa o Camiño que se chama Compostilla? Paréceselle máis a Compostela "campo de estrellas" que "campo de estrelas"?
    gl.wikipedia.org/wiki/Compostela
    www.panoramio.com/photo/13924875

    E o do informe do Consello da Cultura será igual de real que a declaración do outro que non ten vergoña da Coz...

    votos: 2, karma: 32
    escrito por colazo hai 126 dias 12 horas 13 minutoscolazo
  4. #4   

    Isto é toda umha ofensiva organiçada.

    votos: 2, karma: 43
    escrito por peeler hai 126 dias 12 horaspeeler
  5. #5   

    #4 isto é unha trapallada, o crónicas marcianas da TVG con Carlos Marcos facendo de Pozí e Blanco Valdés como Carmen de Mairena

    votos: 5, karma: 75
    escrito por Miguelo hai 126 dias 11 horasMiguelo
  6. #6   

    Foro aberto???? :-) FORO PECHADO! :-D

    www.crtvg.es/programas/?p=6581 (que cariña ten o presentador, miña nai!)

    votos: 0, karma: 16
    escrito por ailalelo hai 126 dias 10 horas 48 minutosailalelo
  7. #7   

    Onte mirei por vez primeira o Foro Aberto e, ademais de ter un ritmo lento e pesado, destaca a súa falta de pluralidade: na banda dos analistas un da Cope, Blanco Valdés e Antón Losada. Para botar foguetes non é precisamente esta mestura, ademais do presentador que se quere erixir en prota intervindo demasiado, facendo chascarrillos, cunha selección detemas que xa de por si ofrece unha lectura "popular" da realidade, etc.: L da Coruña, os malísimos orzamentos de ZP, o botellón (que se cumpra a lei!), etc.

    Logo entrevistou ao profesor Caramés (unha entrevista mal planificada que para min resultou moi pouco aclaratoria) e finalmente sumáronse unha xornalista que mesturaba galego e castelán, un directivo de Credtit Agricole e unha responsábel de CCOO para falaren de economía. En resumo, moi mal conducido, pouco plural, con excesivo peeso do presentador... un programiño en pago aos favores prestados para que o Carlos Luís leve aos da súa corda.

    votos: 1, karma: 22
    escrito por pitanxo hai 126 dias 10 horas 1 minutopitanxo
  8. #8   

    Ver a TVG, hoxe, ten un pase, pero mirar programas de debate...:roll: ...non perdelo tempo e botádelle un tute ho!

    votos: 1, karma: 28
    escrito por pingheiras hai 126 dias 9 minutospingheiras
  9. #9   

    #8 xD Nunca entendin ben o do masoquismo... E teño medo de probar por se me gusta.. :-D :-D

    votos: 1, karma: 29
    escrito por Socram hai 126 dias 2 minutosSocram
  10. #10   

    #7 O pior é que Antón Losada representa, teoricamente, ao nacionalismo. Permite-lhes cobrir-se as costas como se fossem plurais à vez que metem a mais um comentarista reaccionário e comprometido com os poderosos. Na segunda orgulhou-se de nom ter ussado nunca Galiza, para contraargumentar polo do L... Losada foi o maior bluff dos últimos anos, depois de Quintana, claro.

    votos: 2, karma: 30
    escrito por giao hai 125 dias 20 horas 37 minutosgiao
  11. #11   

    nom alimentemos estas polémicas e menos com esses papanatas...


    e menos nesses lugares...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por lenine100@hotmail.com hai 125 dias 19 horas 29 minutoslenine100@hotmail.com
  12. #12   

    #10 creo que tamén se deberían identificar con Antón Losada moitos votantes, militantes e cargos do PSdeG, máis que con Blanco Valdés, ao que Antón Losada pon no seu sitio e coloradiño.

    A min paréceme do melloriño nos debates(e senón hai outra cousa), aínda que non comparta tódalas súas opinións como a comparación con "Galiza"( colazo.blogspot.com/2008/06/esqueizofrnica-rag.html ). Reparte labazadas argumentadas "a todo quisqui" e se estivese durante a campaña electoral, na que non se lle contestou ao PP, non se quixeron enlamar, penso que ao mellor seguía o bipartito

    votos: 3, karma: 51
    escrito por colazo hai 125 dias 19 horas 14 minutoscolazo
  13. #13   

    #3 se o artigo é tão importante podes ver uma referência já de 1291.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por maumau hai 125 dias 15 horas 51 minutosmaumau

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]