A Sociedade do Coñecemento

Este artigo consegue desgranar en poucas liñas a evolución que sufriu a sociedade dende unha economía medieval ata a actual sociedade do coñecemento.
3 comentariosen economía
tags: informacionismo, hacker, coñecemento karma: 138.18
votos de usuarios: 8, votos anónimos: 2

comentarios

  1. #1   

    Boas e benvido a Chuza MeT ;)

    Recomendoche a leitura do seguinte documento pra que entendas a normas actuais coas que estamos a trabalhar na Chuza! pra chuzar novas. Nesta Wiki podes atopar mais informacion.

    wiki.chuza.org/wiki/Chuz-etiqueta

    Unha aperta e parabens pola tua primeira chuzada

    votos: 0, karma: 0
    escrito por Kiko_das_leiras hai 774 dias 23 horas 31 minutosKiko_das_leiras
  2. #2   

    Eu creo na sociedade do coñecemento ou das TIC, mas o problema é que houbo empresas que eran realmente un montón de fume con apariencia de empresa tecnolóxica da información onde o prezo era moi superior ao valor e así estouparon. Se nos centramos máis no marketing que na producción conseguimos resultados a curto mas son resultados que son auténticas burbullas que estoupan un día ou outro. Sería un erro pensar que só con información se aumenta o PIB dun país.

    votos: 0, karma: 0
    escrito por mendinho hai 774 dias 9 horas 49 minutosmendinho
  3. #3   

    >> resposta a #2. Penso coma ti mendinho. Nesta "sociedade rede", as empresas tamén toman forma de rede: obsérvase ben no tema da externalización dos servizos. Pero non só niso.

    Así, temos exemplos -como Nike- que o único que fan é "crear marca - estilo de vida - identidade". E fano elevando o prezo do produto moitísimo, sen apenas mellora-la calidade... e empleando subcontratas que explotan nas maquilas latinoamericanas ou nas fábricas orientais ós traballadores que os realizan!

    [reflexión]uf! q presión! un post en chuza! ;P Agora relendo o post vexo que o dos "casos prácticos" do informacionismo está bastante ben explicado, creo. Alomenos a min costoume entender esa parte. Ponerlle cara. O principio do post queda moi frouxo... a ver si traballo máis sobre iso.[/reflexión]

    votos: 0, karma: 0
    escrito por amaneiro hai 773 dias 23 horas 30 minutosamaneiro

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]