A ratiña Lola (
www.opaco.org/wp-content/uploads/2007/10/ratinhalola_braga.jpg ), a páxina interactiva que lles ensinaba galego aos nenos na rede, morreu. O enlace cativadas.com, que levaba á ratiña, xa non funciona; redirecciona agora ata unha páxina de SPAM. WTF! Outro desleixo máis da Xunta?
comentarios
Uis pois xa fai un par de meses , como que desde o ano pasado...eu diría que dende outubro do ano pasado, eu por sorte ¡¡¡¡¡teño o CD da ratiña Lola !!!! que cortesmente me enviou a Xunta cando o pedín.
Ratiña Lola é o chas, é incrible como os pequechos pasman co seu: ola, son a ratiña Lola ¿que tal estás? e ¡¡contestan!! é incrible
e por que carallo tiveron que desactivar ou desentenderse da páxina web? que pasa cos que non temos o cd?
Bueno si é grabable eu mándoche unha copia sen problema eh (jum.esto é un tanto ilegal.. ai non que o cd era de balde!!!
)
Eu escribinlle a unha señora da xunta, que moi amablemente me contestou dicindo que era un problema do seu departamento e que xa dera instrucións para o solucionar. Hei de dicir que foi moi amable nas súas respostas así como rápida. Moraima... compártea pola mula anda.