A primeira cadea de supermercados britanica comeza a vender pementos de Padrón

A primeira cadea de supermercados britanica comeza a vender pementos de Padrón
 
Dende hoxe a cadea de supermercados Tesco lanza a venda en todos os establecementos do Reino Unido o noso delicioso manxar. Haberá que ir a botarlle unha ollada, espero que non sexan tan caros como os que venden no Brindisa de Borough Market ou no Hermanos García de Portobello Road.
14 comentariosen gastronomía
tags: tesco, pementos de padrón, reino unido karma: 277.00
votos de usuarios: 44, votos anónimos: 15

comentarios

  1. #1   

    Igual som como os que tenhem no Eroski que ponhem "Pimientos de Padrón" e miras a procedência e pom "Marruecos"

    votos: 1, karma: 13
    escrito por Xesteira hai 401 dias 5 horas 17 minutosXesteira
  2. #2   

    #1 Home, para abastecer as todalas tendas desta cadea de supermercados, de Padrón Padrón non creo que sexan...

    O gracioso e que vas o Brindisa ou o hermanos Garcia e teñen pementos de Padrón todo o ano a uns prezos exaserados, e estou case seguro que esos tampouco son de Padrón Padrón.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por feelbeat hai 401 dias 5 horas 15 minutosfeelbeat
  3. #3   

    #2 Umha cousa é que nom sejam do concelho de Padrom e sejam de Galiza e outra é que directamente sejam de Marrocos.

    votos: 1, karma: 1
    escrito por Xesteira hai 401 dias 5 horas 9 minutosXesteira
  4. #4   

    pementos de padrón no TESCO

    amigos, estamos salvados...

    votos: 1, karma: 31
    escrito por berto hai 401 dias 5 horas 8 minutosberto
  5. #5   

    Os cataláns non permitirían que se vendera en ningures cava catalá que non fora de Catalunya. Se tanta demanda hai de pementos de Padrón por que non os producimos nós? Teriamos resultados máis axiña que co aceite de oliva de Monterrei, sen gañas de desmerecer esta iniciativa.

    votos: 4, karma: 47
    escrito por Garrano hai 401 dias 5 horas 7 minutosGarrano
  6. #6   

    #3 Iso debería arranxalo unha denominación de orixe.

    votos: 2, karma: 12
    escrito por Garrano hai 401 dias 5 horas 6 minutosGarrano
  7. #7   

    #5 Os cataláns, así polo xeral, son cataláns... os galegos, así polo xeral, son galeguiños...

    votos: 2, karma: 12
    escrito por Galegoman hai 401 dias 5 horas 5 minutosGalegoman
  8. #8   

    #3 Pero e como o outro día que saiu a nova de que en Cataluña fixeran por primeira vez un Albariño. Se levaron as uvas de Galiza non deixa de ser un Albariño, en canto os pementos de Padrón por suposto eu preferiría que fosen producidos en Galiza, pero se son cultivados noutra parte non deixan de ser pementos de Padrón. O tongo que atópase moito no Eroski, no Gadis, no Mercadona ou calquera deses supermercados e que vendenche coma pementos de Padrón pementos pequenos, que nen son de Padrón nin nada eso si que é mentir o cliente.

    #6 estou totalmente dacordo contigo

    votos: 2, karma: 23
    escrito por feelbeat hai 401 dias 5 horas 4 minutosfeelbeat
  9. #9   

    #6 Opino o mesmo

    votos: 1, karma: 15
    escrito por Xesteira hai 401 dias 5 horas 4 minutosXesteira
  10. #10   

    viva viva!! non penso mirar moito a bolsa para non me quitar a ilusión :-)

    votos: 0, karma: 9
    escrito por xel hai 401 dias 4 horas 58 minutosxel
  11. votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 401 dias 4 horas 56 minutosGalegoman
  12. #12   

    #2, podem ser de qualquer lado flickr.com/photos/roicinho/460069887/ A foto foi sacada no Mercado de Borough, perto Brindisa ;)

    votos: 0, karma: 7
    escrito por roicinho hai 401 dias 4 horas 47 minutosroicinho
  13. #13   

    Tesco! Que vos recordos! Aí compraba eu cando estaba en Polonia (os franceses mercaban no L'Eclerc, of course)

    Colineta falou un par de veces do problema dos pementos de Padrón/Herbón www.galiciagourmet.com/blog/2008/05/06/pimientos-padron/lang-pref/gl/ www.galiciagourmet.com/blog/2006/06/01/411/
    E desta nova www.xeracion.com/nova/2790.html parece que non se soubo máis.

    votos: 0, karma: 12
    escrito por ifrit hai 401 dias 2 horas 32 minutosifrit
  14. #14   

    Gracias, Ifrit, por falar do meu traballo. Os pementos que venden en Gran Bretaña NON son de Padrón. Son cultivados na propia Inglaterra con pementeiras da variedade Padrón. Tamén se cultivan na zona do Río da Plata e en Virxinia (Estados Unidos) por poñer algún caso. Utilizan o nome de Padrón porque hai tempo un listo do Levante español rexistrou a variedade sen que o Ministerio de Agricultura o impedira. Pero eu penso que é un fraude ao consumidor chamarlle "de Padrón" ao que non é producido alí, por iso ás veces nas etiquetas podese ler "tipo Padrón" ou "pemento Padrón". Polo mesmo motivo, a denominación de orixe será do Pemento de Herbón e segue aínda en tramitación ...

    » ver todo o comentario

    votos: 2, karma: 17
    escrito por Colineta hai 400 dias 18 horas 43 minutosColineta

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]