anavallasuiza.com/
enviado por aluguer hai 580 dias 17 horas, publicado hai 580 dias 12 horas 42 minutos
Moitos de vos coñeceredes as 5 persoas que forman esta nova empresa que entra na rede galega con ganas de facer as cousas doutro xeito. Oscar apredeunos a coñecer a tipografía con letrag.com, con Berto botamos unhas risas cos Aduaneiros, Álvaro é o autor de phpfilenavigator, e para acabar María e Xabier que foron partícipes do blogomillo con Todonada e outras cousas. Sorte.
comentarios
"Chámome Berto Yáñez e non son o irmán de María Yáñez".

"Non son a irmá de Berto Yáñez".
Best personal introductions ever!
Quero parabenizar
aos fundadores deste novo proxecto. E aclarar tamén que non vou chuzar a nova: por unha parte a redacción do título é penosa (supoño que aluguer quere dicir "saen á pista de xogo" e non está a mandar botar sal en pista ningunha) e por outra isto é publicidade pura e dura dun negocio, contido que pode acaer aos chíos pero que non considero merecente de portada de Chuza (para iso que lle paguen a Gz-banners
)
Moita sorte aos emprendedores, non desboto ser cliente a medio prazo...
#2 Comunmente coñecido como spam. E aproveito a ocasión para felicitar ós fundadores deste proxecto e desexarlles sorte nesta andaina.
Que guapinhos saem todos.
Conste, que de primeiras lembrei dessa executiva dos Simpsons que vende "singergia"
Sorte!
Non é máis spam que outras novas que teño visto na portada...
dacordo con #5 e totalmente dacordo con #2 e #3 en todo. Curiosamente #1 (con quén tamén concordo na apreciación das introduccións), tantas veces tan técnico na apreciación das chuzadas agora pasa por alto este exemplo de spam. Haiche moita endogamia na mafia do fedello.
#6 Home e que sempre houbo colegueo.....
Conste en acta que a votei sen querer ... pero weno xa foi .....
Chanante!!!
e tén un aspecto despampanante. parabéns
Vaia... e eu que o que votei foi umha página de empreendedores galegos que apostam única e exclusivamente polo galego no seu sítio web...
Nom sei a vós, mas a mim chegou-me o detalhe, (desgraçadamente) poucas vezes se podem ver cousas destas.
significa que eu votei cá cabesa e tí có corazón, companheiro
#11 Quem di tal?
1. Os meus parabéns aos emprendedores, que haxa moitísima sorte na andaina!

2. Cheguei tarde para votar spam.
e a paridade?
bon... que sexades fieis os vosos principios e que teñades moito éxito.
Novo caso de autobombo
Don´t forget Nemigo