A música galega chega aos videoxogos

Braid, o maior éxito de Xbox 360, con mais de 30.000 descargas en catro días -xa se preven novas versións para PSP, PC, WiiWare..- ven con sorpresa músical. Trátase dun xogo minimalista que potencia a beleza visual (con imaxes que parecen feitas a pincel) e acústica cunha banda sonora que inclúe -e aquí a noticia- a melodía de O Son do Ar.
6 comentariosen música
tags: xbox, música galega, videoxogos karma: 220.00
votos de usuarios: 45, votos anónimos: 14

comentarios

  1. #1   

    Teño entendido que "O son do ar" é unha adaptación de Luar na Lubre dunha canción tradicional irlandesa, ainda que non o podo asegurar.

    votos: 0, karma: 6
    escrito por lunet hai 91 dias 11 horas 56 minutoslunet
  2. #2   

    O compositor é Bieito Romero ora, nom sei se se baseou nalgumha medida numha música irlandesa ou nom. Aparece também no disco de Mike Oldfield "Voyager", quiçá chegasse por aí...

    votos: 0, karma: 6
    escrito por maria_castanha hai 91 dias 11 horas 46 minutosmaria_castanha
  3. #3   

    #2 "O Son do Ar" xa aparecia no primeiro disco de Luar Na Lubre www.luarnalubre.com/saudade/ga/web/diccionario.php?ids=1 ... tempo despois Luar Na Lubre deu un concerto pra Mike Olfield e a este gustoulle tanto a canción que fixo a sua propia versión

    votos: 0, karma: 8
    escrito por suevo hai 91 dias 11 horas 36 minutossuevo
  4. #4   

    Que bonito... espero que saia para WiiWare :-D

    votos: 0, karma: 6
    escrito por bibaheu hai 91 dias 11 horas 16 minutosbibaheu
  5. #5   

    Penso que é original de Luar na Lubre, ainda que a mim sempre se me pareceu a GreenSleeves. Parabéns em qualquer caso :-)

    votos: 1, karma: 15
    escrito por SugarKane hai 91 dias 11 horas 5 minutosSugarKane
  6. #6   

    #3 Mike Olfield (a.k.a. Migueliño Campovello) coñeceu a canción de Luar Na Lubre composta por Bieito Romero por unha moza galega que tivo e que lle pasou unha cassete.

    Páxina web do xogo: braid-game.com/

    votos: 1, karma: 18
    escrito por ifrit hai 91 dias 5 horas 22 minutosifrit

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]