A inefável LD publica as declaraçons da mulher de Óscar Pereiro (ciclista que assinou um manifesto contra a língua galega, entre outras) que num vídeo declara que vai falar em galego a um jornalista porque os de "Galiza nom-sei-quê vam a por ela". Isso sim, aclara que os malvados que lhe recriminam ao seu companheiro a sua actitude espanholista "nom tenhem nada a ver com o BNG", nom vaia ser.
O vídeo:
www.libertaddigital.com/index.php?action=ShowVideo0(...)
comentarios
Afortunadamente, aquí se ve a diferenza entre a xente (os Pereiro) e as bestas (Galiza nonseiqué e LD, sempre da man).
"Tens mal karma". A mulher de Pereiro lê Chuza?
nom amoledes a mulher de Peral!
#1 Abofé. Moi riquiña Mrs. Pereiro, by the way. Dálle ela moitísima menos importancia da que lle dan os de LD.
#1 eu mandei-lhe um correio a Pereiro dizendo-lhe o que pensava sobre que assinasse esse despropósito falaz, sou por isso umha besta?
Quem defende em nome de liberdade a alguém que promove a desapariçom dumha língua, da nossa língua ("o galego nom deveria ser obrigatório no ensino") está muito mais perto de LD e das bestas, parece-me.
#5 Pois dependerá do ton en que llo mandases. Hai peña moi bruta de diola en Galiza-non-sei-que, case tanta como debe haber en Galiza-non-sei-canto.
Quen se lle conte. Chuzar ld! Vaites, vaites.
relacionadíssima chuza.org/historia/o-espanol-scar-pereiro-abandona-o-tour-de-francia-2/
#5 Eu tamén lle mandei un correo dicindo-lle o que pensaba. Pero en ningún momento me vou aledar de que Pereiro sufra unha caida e parta un brazo. Hai xente que si se aleda. E hai xente que se mofa diso. E parece-me moi normal que á muller de Pereiro lle moleste. Hai que ser moi ruin para desexar-lle mal a alguén polo que pensa.
Eu acho que:
1) Sem duvida a rapariga le Chuza ou alguem que mirou Chuza foi-lhe com o conto.
2) A pobrinha é-vos um pouco supersticiosa de mais:
Y es que según cuenta desde que Pereiro apoyó el manifiesto les están "acribillando", en páginas webs de corte nacionalista, con mensajes del tipo de "jódete, tu te los buscaste, tienes mal karma porque renunciaste a tu patria, ya no eres gallego..."
A ver, mi reina, si me estas leyendo:
Lo del mal karma es una cosa que invento Sharon Stone para decir que el terremoto que habia sufrido la China se debia al mal karma acumulado por tratar mal a su amigo el Dalai Lama. Es una broma. No creo que las meigas nacionalistas radicales s...
» ver todo o comentario
Polas palavras da mulher de Pereiro ("jódete", "estivo-che bem", "tens mal karma", etc.), parece que o que mais lhe dói é que alguém relacione a assinatura do manifesto com o grave acidente que sofreu o seu marido. Isto é normal, porque essa classe de cousas som chungas e desagradáveis. Outra cousa é que o ciclista deva assumir que as fascistadas que assina o podem fazer impopular entre certo público e que as críticas (nom os insultos) que recebe som totalmente legítimas.
Pois eu daria umha hora de conexom à rede por saber quê é realmente "Galiza-nom-sei-quê". Quê será... será... Galiza livre? Galiza ceive? Galiza nova? Galiza nom se vende? Galiza bilíngüe?...
De todas as formas... o vídeo é tam friki, com ela tocando-se o cabelo sem parar e tudo isso, que parece umha paródia. Nom será de conha?
E digo eu... se sabes que em determinadas páginas estam "acribilhandote" para que entrás a le-las? E nom será um caso de masoquismo mal diagnosticado?
E nom andará na procura de publicidade? Quanto tempo vai tardar em sair em salsasrosas, coraçonscoraçons e similares?
#11 chungo é o nivel ao que caen algúns
Sinto noxo.
Como é lógico, eu nom me alegro de que tenha um acidente, só faltaria.
Outra cousa é que a partir de agora me alegre quando lhe vaia mal desportivamente, do mesmo jeito que me alegro quando perde Espanha...
ah, venho de ver o video e a tipa esta super-tranquila e meio de brincadeira. tomou-no com humor. como indicaram acima, é o fascio histerico de Libertad Digital quem exagera tudo ate cair no paroxismo mais exarcerbado
#16 si, pero non falta quen chuce iso para magnificalo... anda, se vai resultar que ten razón #1
nom sei por que votades negativo. é pavero saber que o que esbardalhamos aqui pode sair em Libertad Digital
Chuza-no-se-que
hahaha, venho de mirar o video e penso o mesmo cá #16. Vai pór de moda ser de Galiza-non-sei-qué
#15 é raro o día en que El_Uali non decide quen debe e quen non debe ser galego...
nom queriades ter umha audiencia diversa? pois mais diversa nom podia ser. a que nos esta leyendo el Federico con su suegra! alguem que se inscreva em Libertad Digital e que envie um comentario com umha ligaçom para esta nova.
#21 que enviem Cesare ou Calidonia, que já devem ter conta...
Eu cando lin o de muller de Pereiro pensei que era a de sHs chuza.org/user.php?login=sHs

O meu ponto de vista non ten moito que ver co do resto do universo, acho
#22 ou alema... (venha negatiiiiivos)
#22 Hai unha pequena diferenza entre discrepar coas opinións dunha persoa sobre un tema determinado, e realizar unha campaña de acoso contra unha persoa só porque pensa diferente. Unha vez máis, eses comportamentos autoritarios e antidemocráticos que caracterizan unha parte da esquerda nacionalista galega póñense de manifesto.
#25 qual campanha de acossa??? Por muito vitimismo que faga esta mulher milhonária, o único problema real que tem é que o seu marido caiu da bici e nom vai ganhar mais milhons de momento, o qual é umha pena para ela, logicamente. Que em base a quatro comentários em Internet ela (e tu...) veja umha "campanha de acossa" é delirante, e que LD lhe dê essa dimensom (e que aqui algum se indigne tanto) prova da paranoia agressiva em que vive o espanholismo.
O único que sofre acossa, por parte de Pereiro e muitos lingüicidas máis, é o idioma galego e os seus falantes, que tenhem poucos direitos e ainda querem suprimir-lhos.
# A paisana di que hai uns mecos que os están acribillando a correíños... Que iso sexa acoso ou molestia dependerá do número, e confío en que non sexan demasiados. Pero iso non reduce a falta de tolerancia e de respecto polas opinións dos demais.
Por outra parte, se alguén ten culpa do lingüicidismo do galego somos os galegofalantes, entre eles vostede. Xa sei que mola máis pensar que é unha conspiración da CIA, os extraterrestres, os traficantes de uranio de Putin, e a ultradereita española: mágoa que a verdade non respalde esa afirmación.
#27 Acaba você de se "encumbrar", que nom sei como se di em galego.
Estaria a falar deste "foro de comentários"? chuza.org/historia/o-espanol-scar-pereiro-abandona-o-tour-de-francia-2/
Quadrar quadra...
Eu reconheço que me decepcionou, mais que o feito de que assinasse, as suas declaraçons: chuza.org/historia/non-estou-de-acordo-con-que-nos-colexios-sexa-obriga
Enquanto ao de o seguir desportivamente eu nom tenho problema em dizer que o seguia por puro nacionalismo banal, já que assi como gosto muito de ver outros desportes, nom sou especial seguidor do ciclismo na TV. A sua façanha animara-me a seguir algo mais as etapas (algo assi como a "alonsomanía" para os espanhóis e o subidón estatal da Fórmula 1...
» ver todo o comentario
Hola rapaces que saibades que "Animo y no hagais caso a esa gentuza que son unos mal nacidos" ademáis de "No hagas casos a esos analfabetos, eres una gran mujer como corresponde tener un coyuge que a su vez es ungran hombre y deportista. Recuperate Oscar y demuestrales a estos nacionafascista que son unos ANALFABETOS."
Estará feliz como un regaliz esta nena, despois de estas fermosas mensaxes de animo.
www.libertaddigital.com/sociedad/la-mujer-de-oscar-pereiro-te-hablo-enl
A min dame a sensación de que a rapaza está de brincadeira, ainda que na Galiza toda brincadeira conleva algo de verdade. Por outra banda o penoso é que o reporteiro da galega se dirixa a ela en castelán. Penso que a raiz diso ven todo o demáis.
#2 Exactamente o mesmo pensei eu. Pereiro ten o karma mui baixo por escoller fontes-lixo ou irrelevantes
Como se nota quem tem amiguinhos e quem nom, verdade?
E se alguem tem os santos colhons para dizer que depois da nova da sua assinatura no manifesto contra o galego esse homem é alvo dumha "campanha de perseguiçom", só porque o pessoal exprimiu a sua indignaçom.
Constato que o que di a señora é certo... o outro día un malvado galegofalante agrediu a morrazos o puño dun pobre pañolfalante...
Penso que as cousas son moito máis doadas que todo iso.
Non vexo ningunha campaña de acoso contra Pereiro (salvo ailladas excepcións de algunha mensaxe subida de tono, que pode que exista por ahí), o que si vexo e algo máis que evidente: Pereiro en 2006 recabou o apoio de moitos galegos, e de xeito moi especial con aqueles que nos identificamos con posicións máis galeguistas ou nacionalistas.
Vímolo - correxídeme se me equivoco - como un dos escasísimos exemplos de "heroe deportivo galego". De feito, o Tour de Francia pódese considerar o campionato deportivo individual máis importante que gañou un galego na historia deste país.
¿Que ocorre? Que asinando un manifesto...
» ver todo o comentario
Se Pereiro e os outros três nom fossem personagens relevantes já ninguém os teria buscado para assinar o Manifesto, a sua presença nom teria importância para eles. Portanto, eles próprios procuravam umha reacçom nas massas. Estavam à espera de que? Dos nossos parabéns?
Os que hoje criticam a Pereiro, porque se sentem logicamente decepcionados, eram os únicos que o apoiavam quando estava a ganhar o Tour (TVE dava preferência em imagens e comentários a Sastre e restavam-lhe méritos ao galego mesmo na última etapa!!) e também quando os franceses lhe negavam a recompensa que lhe correspondia. Hoje, pelos vistos, os méios espanhóis parecem estar mais interessados nele. Estes s...
» ver todo o comentario
Pois está boa e dame morbo que dixera "Galiza"... fap fap fap
Esta manhá na Rádio Galega pediam comentários sobre o manifesto da Mesa. Saíu umha senhora pailana de Vigo falando em espanhol (leitora de LD?) que dixo que quando chegou Pereiro a Vigo lhe dêrom de óstias. Estava a procurar isso, nom parece ser certo mas olha até onde chegou a estória...
Abraiantes comentarios dos trolls en 20minutos
(www.20minutos.es/noticia/401500/0/pereiro/independentistas/gallegos/)
A ver, o que se ve neste vídeo é que alí había xornalistas de medios galegos e de fóra e fóronlle pedir declaracións. Ela aí estase dirixindo ao rapaz da TVG para dicirlle que a el lle vai falar en galego, porque se sae falando en castelán pola TVG sería unha cagada e aumentarían as críticas, nada máis.
#21 "audiencia diversa"????? resulta que na Galiza a día de hoxe dos 3 millons e pico de habitantes que hai, a suma dos nacionalistas e independentistas non chega ao 30% . Podes gostar delo ou non. Pero é o que hai. Se chuza pretende reflectir a realidade social do país, debería reflectir iso. E negar esta realidade non é o melhor punto de partida para mudala.
E un par de comentarios en xeral:
1-sentir ledicia polas desgracias físicas de alguén co que tes discrepancias ideoloxicas é sintoma de umha grande vileza e ruindade.
2- Eu tenho ido ata os Pirineos a animar a Pereiro. Sintome decepcionado coa sua actitude. Mais a reacción que está a haber penso que é totalemnte desproporcionada, e por parte de xente que na vida viu ciclismo
Por certo, as declaracións desta rapariga foron en Vigo, non en Madrid como esta xeoposicionada a noticia.
A todo isto, quen se supón que acribillou a Pereiro e á súa dona?
os de Galiza-non-sei-qué
aquí hai algo que non me encaixa. Se onte mesmo co da chegada a Vigo do marido falaba para o microfono, ollo! non para os microfonos de varios medios! para o microfono da TVG en perfecto español, isto onte no Telexornal alá pola 3 e pico cando toca deportes.
A que ven logo o de facerse a víctima con total confianza para con !!! Libertad Digital (tanto compadreo ten cun xornalista deste medio?) a conta dunha organización pantasma chamada GaliZa Non sei que, que pon podre ao seu home nos foros de interné...
Por favor que lle poñan uns escoltas a esta señoriña que o seu home bota moitas tempadas fóra e ainda lle vai pasar algho!!