A Mesa reforza na rede a súa campaña 'Polo dereito a vivirmos en galego'

A Mesa reforza na rede a súa campaña 'Polo dereito a vivirmos en galego'
A Mesa pola Normalización Lingüística está a facer estes días un esforzo especial por vincular o galego con todos os niveis do noso tecido social, económico e informativo. A idea é non deixar nada por cubrir, relembrando que a nosa lingua é cen por cen válida para ser empregada até naquilo que aínda está por inventar. Para o 17 de maio, a Mesa ten proxectado reforzar aínda máis a campaña 'Polo dereito a vivirmos en galego', que podemos ver reflectida a partir de agora e polo miúdo no novo fotolog e na web da Mesa.
8 comentariosen lingua
tags: mnl, internet, campaña karma: 251.00
votos negativos 1, votos de usuarios: 40, votos anónimos: 26

noutros sitios

que é isto?» e 8 artigos relacionados máis...

comentarios

  1. #1   

    o fotoló: www.fotolog.com/amesanl

    votos: 0, karma: 19
    escrito por alema hai 110 dias 8 horas 35 minutosalema
  2. #2   

    Fóra das diferenzas que poida haber, que as hai, entre diferentes sectores que traballan polo idioma ou son sensíbeis ante a actual situación do galego, hai que estar en Compostela o 18 de maio. Cantos máis vaiamos mellor e xa haberá tempo para falar de moitas cuestións logo. Agardo que a Mesa, se a manifestación é un éxito, non se arrogue politicamente o acto e sexa desprendida facendo un recoñecemento expreso á cidadanía comprometida e aos galegos e galegas en xeral. Hai que facer un labor pedagóxico moi intenso na sociedade galega, retomar o activismo lingüístico e gañar á xente para o galego en positivo e polo afecto.

    En canto á comunicación da mani, non haberá cartos para prensa, radio e TV?

    votos: 4, karma: 67
    escrito por pitanxo hai 110 dias 8 horas 18 minutospitanxo
  3. #3   

    Mimá!! Unha conta no fotolog!! :-O Non se pode negar que queren chegar a todos os estamentos sociais. xD

    votos: 2, karma: 31
    escrito por Galegoman hai 110 dias 5 horas 32 minutosGalegoman
  4. #4   

    #3 mimá mimá xD

    votos: 1, karma: 22
    escrito por LLik hai 110 dias 4 horas 21 minutosLLik
  5. votos: 2, karma: 34
    escrito por pitanxo hai 110 dias 3 horas 24 minutospitanxo
  6. #6   

    #5 no meu blogue non vai

    votos: 0, karma: 19
    escrito por Galegoman hai 110 dias 3 horas 14 minutosGalegoman
  7. #7   

    Nesa ligazón accedes a un post onde está publicado o código que debes copiar no teu blogue (lembra que non se pode pegar en Chuza un código HTML directamente). Se non vai, copia o URL da fotografía e manipúlao logo para introducilo como banner na túa bitácora:

    img186.imageshack.us/img186/3200/amesanu8.gif

    Supoño que calquera que controle máis ca nós pode aparecer por aquí e dar unhas instrucións máis certeiras.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por pitanxo hai 110 dias 2 horas 53 minutospitanxo
  8. #8   

    Galegoman, seguinte até o teu blogue e xa che puxen nos comentarios como fixen, despois de darlle algunhas voltas, para introducir o banner nun blogue da blogoteca coma o teu.

    votos: 0, karma: 9
    escrito por pitanxo hai 110 dias 1 hora 33 minutospitanxo

quen somos  |  nota legal  |  contacto: bertez@gmail.com
código: licenza, descargar  |  licenza dos gráficos
Valid XHTML 1.0 Transitional    Valid CSS!   [Valid RSS]